Declaran extinguido o incendio en Vilamartín de Valdeorras deixando 24 hectáreas queimadas

O lume foi sufocado ás 8,24 horas deste domingo.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 28/03/2020 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

Á primeira hora da mañá deste domingo quedou extinguido o incendio que desde o mediodía do sábado afectaba ao termo municipal de Vilamartín de Valdeorras, na provincia de Ourense, e que calcinou 24 hectáreas.

Segundo informa a Consellería do Medio Rural, as chamas foron sufocadas ás 8,24 horas deste domingo. As estimacións provisionais cifran a superficie afectada polo lume en 24 hectáreas, todas de monte raso.

Nas tarefas de extinción participaron catro axentes, oito brigadas, catro motobombas e tamén medios aéreos.

Un helicóptero durante un incendio forestal. MARTA VÁZQUEZ
Un helicóptero durante un incendio forestal. MARTA VÁZQUEZ | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta