Xa son 79 os mortos con coronavirus en Galicia

Os afectados creceron un 18,8% con respecto ao domingo e sitúanse en 3.476.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2020 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

As persoas falecidas con coronavirus en Galicia elévanse a 79 tras morrer nas últimas horas unha muller de 86 anos e dous homes de 89 e 76, todos eles ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi). Coa deste tres persoas, a cifra de falecidos este luns elévase a 9. Así mesmo, os afectados creceron un 18,8% con respecto ao domingo e sitúanse en 3.476. Deles, 807 son da área da Coruña, 289 da de Lugo, 479 da de Ourense, 348 da de Pontevedra, 866 da área de Vigo, 529 da de Santiago, e 158 da de Ferrol.

Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario
Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario | Fonte: © Miguel Núñez

Segundo os datos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, do total de pacientes positivos, 134 permanecen en UCI, 766 están en unidades de hospitalización e 2.576 no seu domicilio. Ademais, rexistráronse 168 altas e o número de PCR realizadas é de 16.118.

Precisamente, este mesmo luns, a Xerencia da Área Sanitaria da Coruña detallou que dos 233 pacientes ingresados na área sanitaria, 37 están ingresados na UCI e 167 en planta do CHUAC. Pola súa banda, 11 permanecen en planta no hospital de Cee, nove no Hospital Quirón, oito no Modelo e un no Hospital San Rafael.

A morte de nove persoas nas últimas horas nas áreas da Coruña, Santiago e Vigo que estaban infectadas con coronavirus elevan a 79 as vítimas mortais relacionadas coa pandemia en Galicia. Destes nove falecidos, catro homes estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) e tiñan 82, 86, 93 e 86 anos de idade, mentres que outro home tiña 77 anos de idade e era atendido no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (Chus).

Ademais, hai un segundo falecido na capital galega que non estaba ingresado. Segundo confirman fontes da Consellería de Política Social, trátase dun dos usuarios da residencia DomusVi San Lázaro que dera positivo por coronavirus.

A estes casos súmanse outras tres mortes, as dunha muller de 86 anos e dous homes de 89 e 76, todos eles ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi).

Desta forma, o reconto oficial de vítimas mortais en Galicia en relación ao COVID-19 elévase a 79, despois de que este domingo se rexistraran 10 mortes, incluída a dunha embarazada de 37 anos de idade e o seu bebé, no Hospital Teresa Herrera, o centro materno-infantil do Complexo Hospitalario da Coruña (Chuac).

PASAN A PLANTA OS PRIMEIROS INGRESADOS EN UNIDADES DE CRÍTICOS

Os primeiros pacientes con coronavirus, un home de 49 anos e unha muller de 67, ingresados en unidades de críticos do Hospital Clínico de Santiago recibiron o alta a planta.

Así o informaron fontes da área sanitaria de Santiago e Barbanza, que indicaron que a muller de 67 anos tivo unha estancia de cinco días na unidade de coidados críticos e o home permaneceu seis xornadas na mesma.

En ambos os casos, puntualizan as mesmas fontes sanitarias, trátase de pacientes "sen comorbilidades destacables" que "non necesitaron ventilación mecánica" e cuxo "tratamento médico intensivo incluíu todo o arsenal terapéutico establecido para a COVID-19", destacaron.

As mesmas fontes indicaron que recibiron osixenoterapia e "beneficiáronse da realización da técnica de decúbito prono" que permite, puntualizaron, "reducir os efectos do distress respiratorio", unha das "principais complicacións dos pacientes graves" con este virus.

Os 23 pacientes que a día de hoxe necesitan atención nas unidades de coidados de críticos na área de Santiago atópanse no servizo de Anestesoloxía e Reanimación do Hospital Clínico (15 persoas), na UCI do Clínico (sete) e na UCI do hospital HM Rosaleda (un).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta