A Policía desaloxa a terraza interior dun mesón de Ferrol á que os clientes entraban con contrasinal

As persoas accedían por unha porta lateral do establecemento, que tamén permitía acceder ás vivendas.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 30/03/2020 | Actualizada ás 16:07

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional localizaron o pasado sábado, día 28, un establecemento de hostalaría en Ferrol cunha terraza interior na que se atopaban varios clientes a pesar da prohibición contemplada coa declaración do estado de alarma.

Policía desaloxa os clientes dun mesón de Ferrol que se saltou o estado de alarma
Policía desaloxa os clientes dun mesón de Ferrol que se saltou o estado de alarma | Fonte: Cedida.

En concreto, foron varias as dotacións da Comisaría de Ferrol-Narón as que se trasladaron ao local, situado na estrada de Castela, na zona de Fajardo, en Ferrol, tras ter constancia do que alí sucedía.

Segundo algunhas fontes, os clientes utilizaban unha porta lateral do establecemento, pola que tamén accedían ás vivendas situadas sobre o local, para entrar no seu interior. Ademais, utilizaban un contrasinal.

Tanto o propietario como os clientes foron identificados e agora será a Delegación do Goberno a que imporán a sanción económica que estime oportuna.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta