A Xunta quere evitar a caída do sector cultural en Galicia cunha serie de medidas para frear os efectos da crise

A previsión orzamentaria alcanza os 25 millóns para o conxunto do departamento autonómico e centrarase prioritariamente no mantemento do emprego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2020 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia está a preparar un amplo paquete de medidas específicas dirixidas a paliar os efectos da crise sanitaria provocada polo coronavirus no sector cultural galego, coa finalidade de preservar a actividade e o emprego das industrias culturais, garantir o cumprimento das programacións previstas e estimular o consumo cultural ao final do estado de alarma.

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, reuniuse este luns con representantes do Consello da Cultura, a Real Academia Galega e a Real Academia Galega de Belas Artes A nosa Señora do Rosario, no marco dunha serie de encontros e contactos coas principais institucións e entidades profesionais do sector cultural.

Do mesmo xeito, responsables dos distintos departamentos da consellería están a manter contacto directo desde o inicio da crise con representantes de 13 asociacións que agrupan produtoras audiovisuais, compañías escénicas, empresas musicais, festivais de música e de audiovisual, editoriais, músicos, actores e actrices, técnicos de eventos, xestores culturais ou salas privadas de espectáculos.

Con iso, solicítanse todas as achegas para planificar a reactivación e o impulso das industrias culturais e creativas na Comunidade, á vez que se dá resposta, axilizando todos os pagos de actividades realizadas no que vai de ano.

Ademais, a Xunta facilitará "ao máximo" as xestións económicas e administrativas dos sectores culturais para axudar nas cuestións vinculadas a prazos, documentacións requiridas ou na posibilidade de reprogramar todas as actividades que foron suspendidas.

REESTRUTURACIÓN ORZAMENTARIA

Do mesmo xeito, a Consellería de Cultura informou xa no Consello da Xunta da reestruturación dos seus créditos orzamentarios, co obxectivo acometer as medidas necesarias para axudar na reactivación deste sector produtivo. A previsión orzamentaria alcanza os 25 millóns para o conxunto do departamento autonómico e centrarase prioritariamente no mantemento do emprego.

En concreto, trabállase no desenvolvemento de accións centradas no fomento do consumo cultural: o estímulo, a través dun incremento na dotación, das redes profesionais de distribución de espectáculos, e na creación ou adaptación de liñas de axudas para fortalecer tanto a distribución interior como a produción cultural galega. Ademais, entre os programas actualmente en proceso de elaboración, reforzarase a orientación do Xacobeo 2021 como "ferramenta de recuperación económica e produtiva do tecido propio".

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, manteñen un encontro co sector cultural.. XUNTA
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, manteñen un encontro co sector cultural.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Caspita

A Xunta esta encantada coa caida do sector. A ver se desta morre e todos acabamls falamos castelan como Feixoo, que é o que queren.