Alerta laranxa por fortes ventos no litoral da Coruña

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2020 | Actualizada ás 10:13

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral noroeste da provincia da Coruña.

Así o informou a Vicepresidencia da Xunta nun comunicado, no que explica que, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), os fenómenos meteorolóxicos costeiros comezarán ao redor das 12,00 horas deste martes no litoral noroeste da Coruña, mar dentro, con vento do leste e nordeste de forza oito.

Por este motivo, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Ademais, Vicepresencia recomenda consultar a páxina web do CIAE 112 --www.112galicia.org--, que recolle información meteorolóxica e "con ligazóns de interese", puntualiza a Xunta.

Temporal costeiro en Valdoviño (A Coruña). ELISA PIÑÓN - EUROPA PRESS
Temporal costeiro en Valdoviño (A Coruña). ELISA PIÑÓN - EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta