Temas: CORONAVIRUS

O Laboratorio de Sanidade e Produción Animal colabora co Sergas na realización de tests de coronavirus

En canto dispoña dos kits adecuados, estará a disposición de realizar a técnica completa de diagnóstico dunhas 300 mostras diarias.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2020 | Actualizada ás 15:43

Comparte esta noticia

O laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (Lapasaga), dependente da Consellería do Medio Rural, colabora co Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula) na realización do test diagnósticos para detectar o coronavirus.

Test rápido de detección do coronavirus
Test rápido de detección do coronavirus | Fonte: © Miguel Núñez.

A Consellería do Medio Rural explica que este laboratorio realiza xa para o Servizo Galego de Saúde (Sergas) a fase de extracción de acedos nucleicos das mostras que lle son enviadas desde o hospital lucense.

Ademais, pon a punto o ensaio completo para dispor del cando reciba os kits de amplificación de PCR específicos da Covid-19, que xa foron solicitados. Así, o laboratorio poderá colaborar no diagnóstico coa área sanitaria de Lugo, pero tamén coa de Ourense e Ferrol.

Deste xeito, en canto dispoña dos kits adecuados, estará a disposición de realizar a técnica completa de diagnóstico dunhas 300 mostras diarias que, en caso necesario, poderán incrementarse progresivamente en función do persoal e dos recursos dispoñibles.

Temas: CORONAVIRUS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta