Cabreo sindical pola postura da Xunta sobre a OPE de Educación: "Non xoguen cos opositores"

Pídenlle que "sexa claro". "Os opositores non se merecen isto", din.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2020 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

A postura da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ante as oposicións, tras supeditar a súa celebración a un hipotético levantamento do Estado de Alarma o 11 de abril, suscitou o rexeitamento e a crítica desde os sindicatos de profesores, que esixen concreción ao departamento dirixido por Carmen Pomar.

"Os opositores e as opositoras non se merecen isto: falen claro dunha vez", trasladan desde a CIG-Ensino, que critica ao Goberno galego por "non comunicarse directamente nin coa representación dos profesores nin coa sociedade en xeral".

O sindicato denunciou o "malestar evidente" das persoas que esperan á decisión autonómica para saber se terán este ano proceso selectivo, e esixiu á Xunta que "sexa clara" e non xogue cos opositores.

"Esta declaración é claramente unha tomadura de pelo. Non debe haber ninguén que neste momento dubide que, como mínimo, o Estado de Alarma vai continuar unha quincena máis", aseguran, para lamentar que Educación non se atreva "a dar a cara" e a dicir claramente que non haberá oposicións este ano.

De forma similar, CC.OO Ensino reprochou que a postura oficial se traslade a través dos medios de comunicación, o que tachou de "un novo desprezo" ao sector docente e aos aspirantes á OPE. Sobre todo, o sindicato cre "impresentable" que "non exista mención ao mesmo na web da Consellería" e lamenta que, "unha vez máis, se ningunee aos representantes dos traballadores" en plena crise sanitaria.

Oposicións da Xunta no recinto feiral de Silleda. XUNTA - Arquivo
Oposicións da Xunta no recinto feiral de Silleda. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Rente

Non entendo a posición da CIG. Queren que haxa oposicións estando vixente o Estado de Excepción? Haberá que saber antes se acabou o andazo, non si?