A tripulación de tres embarcacións de Salvamento Marítimo en Galicia realizan o confinamento a bordo

A tripulación de dous remolcadores --a 'María Pita' na Coruña e o 'Sar Gavia' en Vigo-- e un buque polivalente --o 'Don Inda' en Cee-- de Salvamento Marítimo realizan o confinamento a bordo, tal e como establece o protocolo da entidade nas embarcacións maiores en toda España.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2020 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

A tripulación de dous remolcadores --a 'María Pita' na Coruña e o 'Sar Gavia' en Vigo-- e un buque polivalente --o 'Don Inda' en Cee-- de Salvamento Marítimo realizan o confinamento a bordo, tal e como establece o protocolo da entidade nas embarcacións maiores en toda España.

Diso informa Salvamento Marítimo a Europa Press, que destaca que no resto da frota (salvamares, helicópteros, avións) embarcan cando é necesaria a súa presenza para a atención dunha emerxencia. Os protocolos marcados polo COVID-19 inclúe medidas xerais como limpezas de choque en casos de sospeita, así como a subministración de equipos e desinfectantes.

Nas medidas específicas para a frota marítima maior amplíanse os períodos de traballo das tripulacións, "diminuíndo así as viaxes e interacción" coas persoas doutra quenda. De tal forma, as tripulacións que estaban un mes embarcados e un mes de descanso pasan a dous meses embarcados e dous meses de descanso

No caso das salvamares, salvo que sexa imprescindible para asegurar a operatividade da embarcación, non será necesaria a presenza da tripulación na unidade durante a súa xornada laboral. Mentres, os centros de coordinación da Coruña, Fisterra e Vigo continúan coa prestación normal do servizo seguindo as medidas de hixiene e prevención determinadas.

Remolcador 'María Pita' de Salvamento Marítimo. SALVAMENTO MARÍTIMO
Remolcador 'María Pita' de Salvamento Marítimo. SALVAMENTO MARÍTIMO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta