Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2020 | Actualizada ás 12:10
A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, comparecerán na Deputación Permanente da Cámara galega, para explicar a situación de Galicia na crise sanitaria polo covid-19.
Ambos os conselleiros, a través da Dirección Xeral de Relacións Institucionais Parlamentarias, rexistraron unha petición de comparecencia neste órgano que está de garda, xa que o Parlamento quedou disolto o pasado 11 de febreiro, na mañá deste mércores.
Con esta petición xa non será necesaria a celebración dunha Deputación Permanente previa, como tamén pediu por rexistro a oposición un pouco antes nesta mesma xornada, aínda que publicamente os distintos grupos parlamentarios xa esixiran que Fabiola García acudise á Cámara a explicar a situación das residencias, con varios centos de infectados por coronavirus entre traballadores e maiores.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.