A Xunta asegura que realizar test ao persoal e usuarios de residencias "non é o procedemento"

Delega esta decisión nos profesionais sanitarios e apela á "tranquilidade" e a non caer "na alarma" en relación ao primeiro caso positivo no Centro de Atención de Persoas con Discapacidade (CAPD) da Coruña.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 01/04/2020 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

A Consellería de Política Social manifestou, tras o caso positivo en coronavirus detectado nunha traballadora do Centro de Atención de Persoas con Discapacidade (CAPD) da Coruña, que, do mesmo xeito que noutros centros, se aplican os protocolos existentes a este respecto.

Así o apuntaron fontes do departamento autonómico consultadas por Europa Press, despois de que a CIG comunicase o caso positivo rexistrado e reclamase medidas de protección e que se realice test de COVID-19 ao persoal e a todos os residentes.

Sobre esta petición, desde a Consellería insistiron que os test que deben realizarse determínanos "os criterios sanitarios", delegando esta decisión nos profesionais encargados de determinar a quen se lles realizan.

"Non é o procedemento, non se fan así as cousas", apuntaron en resposta á petición da central sindical. Mentres, apelaron á "tranquilidade" e a non caer "na alarma".

Por outra banda, incidiron en que neste, como noutros casos, aplícanse os protocolos existentes para separar ás persoas sen síntomas e sen contacto coa persoa ou persoas contaxiadas das que si teñen síntomas ou das que sen telos tiveron algún contacto coa persoa afectada.

MATERIAL DE PROTECCIÓN

Respecto da situación no CAPD da Coruña, desde a CIG indicaron que "a pesar de que ao principio da semana pasada se repartiu material de seguridade como máscaras e luvas", este resulta "insuficiente e chega tarde como deixa patente este caso positivo". Desde a central sindical denuncian que os traballadores, "como noutros CAPD" de Galicia, estiveron a traballar "sen o material de protección que era necesario" inicialmente.

Un operario con traxe de desinfeccion na Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense -foco principal de contagios do Covid-19 ata agora na provincia galega- en Celanova (Ourense, Galicia, España), a 24 de marzo de 2020.. Rosa Veiga - Europa Press
Un operario con traxe de desinfeccion na Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense -foco principal de contagios do Covid-19 ata agora na provincia galega- en Celanova (Ourense, Galicia, España), a 24 de marzo de 2020.. Rosa Veiga - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta