Gadis pechará o Xoves Santo tal e como pedían sindicatos

A marca galega anuncia que dará dous días libres aos seus traballadores para “salvagardar” a súa saúde.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/04/2020 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia

Gadis daralle ao persoal dous días de descanso a maiores durante a Semana Santa, tras anunciar que non  abrirá o Xoves Santo, para “salvagardar a saúde das persoas e contribuír á prevención e contención do virus”. A Federación de Servizos de CCOO de Galicia considera positiva esta medida, tal e como pedía este sindicato.

Supermercado Gadis
Supermercado Gadis

Tamén di que é “moi oportuna” a achega dunha gratificación ás súas traballadoras e traballadores, como xa fixeron outras marcas, “para compensar o sobreesforzo, entrega e xenerosidade amosada por un persoal que leva traballando ao límite desde o inicio desta crise”.

A través dun comunicado, a Federación de Servizos de CCOO agarda que estas medidas sexan implantadas polo resto de empresas do sector, supermercados e hipermercados, e mais que atendan a demanda de non abrir os domingos.

Por último, CCOO insiste na necesidade de que a Xunta de Galicia derrogue "decontado" a medida adoptada mediante a resolución do pasado 15 de marzo, pola que liberaliza os horarios dos establecementos de primeira necesidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta