A Xunta sobre a morte da moza embarazada: “O virus provocou unha tormenta inflamatoria nunca vista"

O Sergas recoñece agora que a muller non tiña “ningunha patoloxía crónica”, como dixera nun primeiro momento, e atribúe a súa morte a unha mutación do virus nunca rexistrada ata agora porque “non hai literatura ao respecto”. A familia critica que, como pasa en Madrid, o corpo non se gardara para facer a correspondente autopsia ou probas.

Por Galicia Confidencial | Carballo | 02/04/2020 | Actualizada ás 15:20

Comparte esta noticia

O virus muta e pode adoptar un comportamento moi agresivo que provoca unha tormenta inflamatoria, en palabras dos médicos, que pode levar ao falecemento da paciente”. Así explican os familiares de M.J.R.T, Fani, a moza de 37 anos embarazada que morreu na madrugada do pasado domingo no Hospital Materno Infantil da Coruña, xunto co bebé.

O Sergas explica que a moza morreu por coronavirus. Unhas explicacións que non acaban de convencer á familia e que xa expresaron a Galicia Confidencial o pasado luns. “Desde o punto de vista profano, a nosa sorpresa foi enorme cando se nos comenta que a nosa querida familiar faleceu nun contexto de coronavirus positivo. Ninguén na familia, incluídos os seus pais de idade avanzada e con patoloxías propias da idade, ten ou tivo síntomas de coronavirus, nin antes do falecemento, nin neste momento ao redactar este comunicado”, suliñan.

Nesta nota feita pública este xoves, lembran que Fani estaba “completamente asintomatica” 24 horas antes do ingreso hospitalario e que, 24 horas despois “xa non estaba connosco”. Pero desde o Sergas explicaron que o desta muller de Carballo “era o primeiro caso na literatura” médica. “Dixeron que non atoparon ningún outro caso publicado parecido dado que fai só seis meses que o covid19 está a actuar”, explicaron porque o “virus muta, pero pouco máis”.

AUTOPSIA

Pero, se é o primeiro caso da “literatura médica”, como é que non se gardou o corpo para analizalo?. “Informóusenos que o Covid19 foi confirmado por laboratorio, e que por protocolo non se fixo a autopsia e ordenouse a inmediata incineración do cadáver, o que desde logo nos estrañou moito debido a que en Madrid os cadáveres moitos están as morgues e outros no palacio do xeo, e consideramos que foi demasiado prematuro”, din desde a familia.

O Sergas insistiu en que a morte da moza foi por “cambios brutais” do virus. “Informóusenos que o covid19 produce cambios brutais e que nalgúns casos a xente falece de morte súbita, quizais para explicalos a evolución fulminante ( de estar ben ao falecemento en poucas horas) da situación cara a un resultado inesperado”, suliñan.

O equipo médico explicoulle á familia que fixeron “todo o humanamente posible” ante o empeoramento de todos os datos analíticos e clínicos de Fani. Que pautaron unha cesárea de emerxencia, aínda que a nai e o feto estaban vivos cando entraron no quirófano. E a súa situación clínica agravouse alí. O Sergas insiste que Fani entrou en para cardiorrespiratoria, remontando o primeira pero non a segunda, falecendo ao pouco tempo. “Comunicóusenos que todo o equipo da garda envorcouse e que hai pacientes que falecen moi rapidamente”, explica a familia.

PATOLOXÍA CRÓNICA

O que si desmentiron fontes médicas foi que existira patoloxía crónica previa, tal e como o propio Sergas transmitira aos medios de comunicación ao informar da súa morte.  “Que quede claro que non tiña nin contrario, nin crónica, nin aguda, que o embarazo foi rigorosamente normal, con algunha incidencia illada pero ao parecer nada relevante”.

INTERROGANTES

A pesar das explicacións, a familia suliña que quedan algúns interrogantes por resolver. “Somos profanos nisto, e necesitamos a axuda de profesionais altamente especializados na materia para que nos dean unha segunda opinión”, indican.

“Non sabemos se o virus Covid19 foi a causa do falecemento ou un perigoso e nefasto compañeiro de viaxe que actuou de forma decisiva para terminar coa vida de Fani”, din. Por riso, a familia decidiu poñer estes feitos en mans dun bufete de avogados especialista en dereito sanitario e dereito de danos e dos peritos médicos oportunos para que tras o estudo de toda a documentación clínica e protocolos de actuación médica se poidan determinar se “se fixo todo o posible”.

“Debémosllo á vítima e ao seu fillo menor de idade, e a toda a familia, oxalá iso fose así, que fixeron o humanamente posible e se iso é así, que o virus pode en menos de 24 horas de sintomatoloxía, levar unha vida por diante, que Deus nos ampare” , conclúen.

“DÉFICIT  ASISTENCIAL” OU “DESGRACIADO EVENTO”

Pola súa banda,  Cipriano Castreje  avogado, titular do bufete Castreje& Co Abogados que leva o caso, que non pode opinar aínda sobre o sucedido porque está a solicitar información, e pendentes de que o Sergas entregue a historia clínica completo da vítima. “Unha vez que o teñamos poderemos analizar conxuntamente cos nosos peritos e decidir se, na nosa opinión, estamos ante a presenza dun posible déficit asistencial, ou dun desgraciado evento, que levou dúas vidas e xerou tanto dor”.

“É moi prematuro poder opinar sobre o ocorrido, non somos partidarios de facer ningún xuízo de valor sen estudar en profundidade o caso, que pola súa complexidade técnica levará algún tempo, sobre todo pola súa asociación ao COVID-19", apunta en declaracións a GC.

Persoal sanitario nun quirófano
Persoal sanitario nun quirófano | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Gamela

Mentres a Historia Clínica non fora tamén á incineradora... ? Isto da Literatura Médica cheira a disculpas de mal pagador ... pero que os avogados sigan adiante, por Fani e por todos nós !!!

1 Gustavo

Segundo fontes "presuntamente ben informadas", a triste historia puido ser: unha complicación grave e súbita, relativamente común en partos (sen ter que ver co coronavirus), pero que ao detectarse presenza do virus, houbo que activar todo o protocolo (aillamento do quirófano, colocación de Epis e demáis). O cal retasou case unha hora unha intervención urxente (que podía ser exitosa ou non) que en situación normal podería tardar 20 min. Culpa? seguramente de ninguén, ou do virus, polo protocolo derivado. Pero médicos e Sergas non deberían contar medias verdades, porque ao final vánselle volver en contra. Unha desgracia, en todo caso.

1 uGtv

Tremendo, todo por unha gripe chamada coronavirus.