Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 03/04/2020 | Actualizada ás 11:06
A Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense inmobilizou 878 máscaras nunha empresa en Allariz e tramitou 20 denuncias por incumprimento do proceso de fabricación, distribución e comercialización por parte de dúas empresas.
Segundo informou o Instituto Armado, tras realizar continuos monitoreos de Internet e outras redes sociais, para detectar condutas contrarias á normativa vixente, de actuacións ante a alerta sanitaria producida polo COVID-19, procedeu á inspección administrativa dunha nave industrial no Polígono Industrial Chorente de Allariz, dedicada á confección, da que é responsable un veciño deste municipio de 46 anos.
Alí incautáronselle e inmobilizaron no interior da nave 878 máscaras listas para distribución e venda, así como 20.000 moldes de máscaras que estaban en fase de elaboración.
Esta empresa realizaba as vendas a través dunha páxina web, relataron as mesmas fontes, e, por mor desta investigación, conseguiuse vincular dita empresa con outra situada no mesmo polígono, propiedade dunha veciña de Allariz de 51 anos, que vendía a través doutra páxina distinta á primeira.
Pola devandita incautación, procedéronse a confeccionar 20 denuncias administrativas por incumprimento de proceso de fabricación, distribución e comercialización á normativa vixente, en concreto o Regulamento (UE) 2016/425 do Parlamento Europeo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.