As altas de Internet por satélite duplícanse nos pobos galegos durante o estado de alarma

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2020 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

As altas de Internet por satélite duplicáronse nos pobos de Galicia durante o mes de marzo, coincidindo co confinamento decretado polo Goberno para conter a propagación do coronavirus, tal e como sinala un informe da multinacional de telecomunicacións Eurona.

Esta alza nas contratacións de Internet estivo en liña co incremento do 60% a nivel nacional e tivo "especial impacto" en Galicia, onde máis de 357.000 persoas -en torno ao 13% da poboación- "non poden acceder a unha conexión a Internet de calidade, sobre todo nas zonas rurais, despobladas ou de difícil orografía", asegura a compañía.

A situación de alarma, lembra Eurona, converteu as telecomunicacións "nun ben de primeira necesidade" e "nun servizo esencial máis como a electricidade, o gas ou a auga corrente" tamén en áreas rurais, para acceder a información ou servizos, así como para poder levar a cabo o teletrabajo.

Tenda online onde poder mercar bicicletas a través de Internet
Tenda online onde poder mercar bicicletas a través de Internet | Fonte: ennaranja.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta