Concellos galegos lanzan un SOS: "Hai preparativos para acudir a segundas residencias na Semana Santa"

A Fegamp pide que se reforecen os controis e, sobre todo, apela á "responsabilidade e colaboración cidadá".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2020 | Actualizada ás 12:23

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) trasladou á Delegación do Goberno un aviso sobre os desprazamentos de persoas que poderían producirse a próxima semana, con motivo da Semana Santa.

Nos últimos días, explicaron os responsables da Fegamp, "varios concellos" da comunidade puxeron en coñecemento da federación que "estaban a percibir preparativos en segundas residencias nas súas correspondentes demarcacións".

Nalgúns casos, engaden, "trátase de máis que sospeitas", xa que os concellos teñen a "constatación da vontade de traslado por parte dos propietarios".

Por mor desta situación, os responsables das administracións locais están preocupados pola posibles consecuencia sanitarias destes movementos. Por iso, a Fegamp solicitou ás autoridades que "reforcen os controis" e apelou á "responsabilidade e colaboración cidadá" para respectar as medidas de contención do COVID-19.

Coches nunha autoestrada
Coches nunha autoestrada | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 galician people

Multa e cárcere. Non é igual iso que ir dar un paseo co can un pouco máis lonxe do habitual. Teñen que cercar Madrid fundamentalmente pois é certo que se están preparando casas para recibir os habituais. Están limpandoas e non é para os ratiños precisamente.

1 Arteixá

Totalmente de acordo! Entendo que hai algún interese en Madrid por liberar “presión” na súa Sanidade e espallala por España adiante, porque non se entende isto.

1 Arteixá

Non merecen outra cousa, por vender os seus concellos a construtoras e enchelos de vivendas pantasma, encarecer os prezos de vivenda e aluguer pra os veciños locais, e encher a costa de cemento e chiringuitos con traballo precario.