Feijóo admite que o actual modelo de residencias non funciona e necesitarán unha reorientación

Destaca que a Xunta tamén intervirá novos centros privados.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/04/2020 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este venres que, na súa opinión, o ámbito das residencias actual non funciona e necesitará "un replantexamento" tras a crise do coronavirus, á vez que non descartou a posibilidade de que a Xunta interveña máis centros privados se se observa "unha porcentaxe importante de contaxios".

"Despois desta pandemia haberá moitas preguntas, que antes non nos faciamos, que terán as respostas necesarias", dixo o presidente galego na roda posterior ao Consello da Xunta, tras ser preguntado sobre a necesidade de modificar nalgúns aspectos o modelo de residencias de maiores.

En concreto, Núñez Feijóo admitiu que, tras combater o virus e a tenor da situación actual, "probablemente todo o tema das residencias necesitará un replantexamento", aínda que non só ao nivel de Galicia ou de España, se non de toda a Unión Europea. Entre outras cuestións, o xefe do Executivo galego mencionou aspectos como o deseño arquitectónico dos centros ou o número de persoas en persoal con coñecementos sanitarios como "preguntas que se van a facer".

"Eu creo si, que hai que facer un repaso pactado, dentro, como mínimo, de toda España, para ver que especificidades arquitectónicas, de persoal, de cautelas sanitarias... é necesario implementar nas residencias da terceira idade", subliñou.

SITUACIÓN NAS RESIDENCIAS GALEGAS

Durante a rolda de prensa, Feijóo admitiu que ao Goberno galego preocúpanlle en especial os enfermos en residencias de anciáns, dado que, aínda que a pandemia non é unha cuestión "exclusiva" desta franxa de idade, golpea "con máis intensidade" aos maiores.

A maiores, explicou, entregóuselles material de protección "que non tiñan" para o traballo diario, como máis de medio millón de máscaras, máis de 12.000 litros de solución hidroalcohólica ou máis de 354.000 luvas, entre outros elementos. "E imos seguir traballando sen distinguir se son residencias públicas, de iniciativa social, concertadas ou privadas", resolveu.

A Xunta, lembrou o presidente, adoptou a decisión "de que todas as residencias estivesen tuteladas por médicos" e diferenza aquelas que teñen como internos a unha maioría de casos confirmados ou sospeitosos doutras con "persoas menos afectadas".

Polo momento, lembrou, a Xunta interveu dúas residencias privadas --en Vigo e Cangas-- e, "sen prexulgar nada", apuntou que se intervirán outras se se "observan residencias cunha porcentaxe importante de contaxios". "Intervímolas, nomeamos directores por parte da Xunta e abrimos expedientes informativos no caso de que consideremos que sexa necesario", apuntou.

Residencia de Anciáns DomusVI Aldán, en Cangos, onde hai varios falecidos por coronavirus entre os maiores
Residencia de Anciáns DomusVI Aldán, en Cangos, onde hai varios falecidos por coronavirus entre os maiores | Fonte: Miguel Núñez

Tamén a conselleira de Política Social, Fabiola García, avisou a todas as residencias de maiores de Galicia que actuará "con toda rotundidade" fronte a calquera "irregularidade" que detecte a Xunta. "Non dubidaremos en tomar todas as medidas que sexan necesarias", advertiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 José

Ah, jalopín, menudo artista, para iso si que tes reflexos..