A novela de Cris Pavón, Limiar de conciencia, en libre descarga

A autora desta obra considerada, en certo sentido, maldita por parte da crítica relata no seu blog "deContado" as dificultades que tivo para conseguir que fose publicada e a súa decisión de sacala en formato dixital.

Por GC Tendencias | Galicia | 17/11/2012 | Actualizada ás 10:27

Comparte esta noticia

Cris Pavón vén de publicar a novela Limiar de conciencia -e a súa versión castelá, Umbral de conciencia - en formato ebook (pd, epub e mobi)

A autora, Cris Pavón
A autora, Cris Pavón

Resultóu finalista do Premio Xerais Narrativa 2009 e do Premio García Barros ‘Ken Keirades’ 2010 (non publicaron finalistas en web). Aínda así, quizais por ser unha autora inédita e descoñecida, tamén probablemente polas dificultades que atravesa o eido editorial, non puido vela publicada nin nestas nin noutras editoriais e decidiuse a autoeditala baixo licenza Creative Commons.

No seu blog http://crispavon.com podedes ver unha sinopse da novela, así como outros traballos de Pavón.  

Ligazóns de descargas:

Limiar de conciencia - http://crispavon.com/?page_id=667

Umbral de conciencia - http://crispavon.com/?page_id=942

Cris Pavón
Cris Pavón

Cris Pavón, de deContado: "Probo con editoriais de aquí e acolá, pero non teño sorte. Tradúzoa ao castelán, probo nun par de concursos que admiten os textos en documento electrónico. Nastic. Estou xa case decidida a publicala eu en ebook pero antes, veña, vouno intentar co Blanco Amor 2011!

E mira ti por onde, aí tamén levo unha sorpresa. Non polo fallo do concurso, claro, senón polo estado dos exemplares que pido que me devolvan. Abro o paquete, collo un volume, ábroo, miro se ten algo anotado, algunha mancha, que sei eu… pero nada, está impoluto. Tampouco é raro. Pero collo outro, ábroo, e non só está inmaculado senón que lle caen os confettis dos buraquiños polos que entrou a espiral da encadernación, as follas están xuntas nas perforacións, o tomo está sen abrir, tal como saíu da fotocopiadora e o metín na caixa. Alguén do xurando non o leu, supoño.

E repito a operación cos catro volumes da caixa e quedo abraiada -é que son naïf perdida, desculpen-. Cinco dos seis exemplares non foron, xa non digo lidos, nin folleados, senón nin sequera abertos. A todos lles cae o confetti, todos teñen grupiños de follas pegadas de pasar pola perforadora e quedaren así, intactos dende aquela. Virxes de lectura. Manda truco".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta