Feijóo, tras apelar a solidariedade, ataca ao Goberno central por "confiscarlle" diñeiro

Critica que non se teña en conta a opinión dos presidentes autonómicos, nin a de Pablo Casado. El mesmo cancelou unha xuntanza telemática cos líderes da oposición sen dar explicacións.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/04/2020 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, queixouse da actitude coa que o Goberno central trata ás comunidades, coas que, dixo, "non delibera" antes de adoptar decisións, á vez que lle afeou que "confiscase" a Galicia 100 millóns de euros. Unhas declaracións que chegan poucos días despois a que apelara á "solidariedade" entre autonomías para afrontar o coronavirus, mesmo, coa cesión de material médico a Madrid.

Tras o Consello da Xunta, o tamén líder do PP galego resaltou o "alto grao de lealdade, a enorme lealdade" coa que o seu partido, con Pablo Casado á fronte, actúa no ámbito estatal. A modo de exemplo, lembrou que convalidou a prórroga do decreto de alarma, mentres que o Goberno cambiou despois o criterio da actividade económica" na "noite dun domingo" e "sen informar" ao principal partido da oposición.

Preguntado pola coordinación coas comunidades, tamén lamentou que na última videoconferencia de presidentes empezou a percibir que os dirixentes autonómicos acudían a esta cita "máis como persoas ás que se lles ía a informar que con responsables cos que deliberar" antes de tomar decisións. Curiosamente, Feijóo tamén cancelou unha xuntanza telemática que tiña cos líderes da oposición en Galicia hais uns días sen dar ningún tipo de explicación.

A modo de exemplo, aludiu ao decreto que paraliza toda a actividade económica excepto a esencial, á vez que censurou que se poidan destinar os recursos de políticas activas de emprego para financiar subsidios. Tal decisión supón, denunciou, "confiscar 100 millóns de euros" a Galicia.

Feijóo, tras o Consello da Xunta. XUNTA
Feijóo, tras o Consello da Xunta. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta