A Xunta ofrece 18 cursos 'en liña' para 1.250 mozos e voluntarios durante a emerxencia sanitaria

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2020 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia impulsa un plan de formación para mozas e voluntarios que inclúe 18 cursos 'en liña', cun total de 1.250 prazas, orientados á formación básica durante a alerta sanitaria polo coronavirus.

En concreto, a oferta en voluntariado comprende materias como lingua de signos, coidados ambientais -con especial fincapé na reciclaxe caseira-, novas tecnoloxías e voluntariado en situacións de emerxencia.

No campo da mocidade, destinado a persoas entre 16 e 35 anos, as accións formativas centraranse no ámbito dixital, na comunicación, no tempo libre e nas técnicas de mellora emocional.

Os formularios de inscrición estarán dispoñibles na páxina web de Voluntariado da Xunta a partir deste mércores, día 8 de abril, e a inscrición permanecerá aberta ata o seguinte luns, 13 de abril, salvo que se esgoten antes as prazas.

Ademais, no caso de que algún dos cursos teñan prazas libres máis aló desta data límite, a inscrición seguirá aberta ata dous días antes de que comece a formación.

Teclado dun ordenador
Teclado dun ordenador

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta