UXT pide que o Sergas negocie a mobilidade dos sanitarios, para que non sexa "arbitraria ou improcedente"

O sindicato quere evitar que a asignación de servizos de carácter extraordinario dependa unicamente da "discrecionalidade" das xerencias de cada área sanitaria.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2020 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

A sección de saúde de FeSP-UXT solicitou ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) unha "negociación urxente" co fin de acordar os criterios de mobilidade forzosa do persoal e que estes non dependan da "discrecionalidade" das xerencias de cada área sanitaria.

A través dun comunicado, a organización admite que as instrucións do Sergas para enfrontarse á crise do coronavirus dá ás xerencias a facultade de asignar "servizos de carácter extraordinario" en canto a duración, funcións e ámbito xeográfico "sen prexuízo das garantías básicas en materia de descanso".

Ante iso, UXT considera que "teñen que primar" aqueles criterios de mobilidade forzosa "que se acorden sobre a discrecionalidade das respectivas xerencias". Por iso, ven urxente "que se inicie a negociación coas organizacións sindicais na mesa sectorial".

Neste contexto, o sindicato esixe ao Sergas "que se negocien criterios obxectivos" na liña dos que xa existen para a mobilidade voluntaria, porque "contan cun amplo consenso e son de aplicación para todo o persoal" do sistema sanitario público galego. "O persoal realiza un labor encomiable e está excedido, precísanse reforzos e asúmese a mobilidade forzosa, pero en ningún caso arbitraria ou improcedente", asevera UXT.

Persoal sanitario. EUROPA PRESS - Archivo
Persoal sanitario. EUROPA PRESS - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Dr Bacterio

E os liberados sindicais , cando se incorporan ?