O alcalde de Santiago defende a liberdade de expresión ante as críticas ás mensaxes proxectadas nun edificio da cidade

Sánchez Bugallo sitúa "no capítulo das anécdotas" a polémica suscitada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/04/2020 | Actualizada ás 15:55

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, situou "no capítulo das anécdotas" a polémica suscitada ao redor das mensaxes que se proxectan, no marco do confinamento pola crise do coronavirus, nun edificio do barrio compostelán dos Concheiros. Os seus promotores recibiron a visita da Policía Local e o rexedor confirmou este luns que hai "queixas" de veciños.

Proxección sobre un edificio da rúa dos Concheiros de Santiago. Escola Unitaria
Proxección sobre un edificio da rúa dos Concheiros de Santiago. Escola Unitaria | Fonte: Europa Press

E é que a fachada do número 22 da Rúa dos Concheiros desbancou a Catedral como o edificio máis visto de Santiago nas últimas dúas semanas. Os culpables son un grupo de amigos agrupados ao redor da Escola Unitaria que proxectan cada día frases cheas de retranca e crítica política que converteron en 'viral' este bloque de cinco plantas do compostelán barrio dos Concheiros.

"Sorprendido" pola "importancia" que se lle concedeu a este asunto, que situou "no capítulo da anécdota", Bugallo confirmou que, aínda que non hai "ningunha denuncia formal", si se deron "queixas" por parte de veciños que "senten molestos por determinado tipo de mensaxes que se puideron emitir".

Dito isto, defendeu que tamén "se debe respectar o exercicio da liberdade de expresión" dos promotores desta iniciativa, e lanzou unha mensaxe: o de "ser coidadosos" coas mensaxes.

"Se todos nos esforzamos con ser coidadosos con algunhas mensaxes, non pasa nada", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta