Pillan unha muller que circulaba en bicicleta e vestida con pixama por unha estrada nacional

Un residente en Mugardos descuberto na zona vella de Ferrol pola policía alegou que ía comprar tabaco.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2020 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

A Policía Local de Ferrol tramitou unha denuncia por infrinxir a orde de confinamento contra unha veciña do ferrolán barrio de Caranza que circulaba en bicicleta e vestida con pixama pola estrada nacional N-651.

Ocorreu o pasado domingo ao redor das 13,00 horas, cando unha patrulla da Policía Naval localizou a esta muller, que reaccionou "de forma alterada" contra os axentes.

Segundo recolle un comunicado do concello ferrolán, ao ser abordada polos policías, a investigada tirou a bicicleta ao chan e gritou aos axentes se "terían valor para levala detida".

Minutos despois, a muller montou de novo na súa bicicleta e, sen identificarse, empredeu a marcha en dirección á súa vivenda. Alí foi finalmente identificada por axentes da Policía Local, aos que chegou a enfrontarse mostrando "unha actividade violenta".

OUTRA DENUNCIA

Por outra banda, un veciño da localidade coruñesa de Mugardos que foi descuberto o pasado luns na zona vella de Ferrol, a uns 20 quilómetros do seu lugar de residencia, alegou que se desprazou ata a cidade naval para comprar tabaco.

Este home foi proposto para sanción pola Policía Local de Ferrol, que tamén formulou outra denuncia contra un individuo que circulaba pola cidade co seu coche cargado de material de construción.

Policía Local © Miguel Nuñez
Policía Local © Miguel Nuñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta