Temas: EMPRESA

216 empresas galegas trasladaron a súa sede social a outra comunidade autónoma o pasado ano

Esta cifra de saídas supera as 188 chegadas de sociedades desde outras autonomías.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2020 | Actualizada ás 19:32

Comparte esta noticia

Un total de 216 empresas galegas trasladaron a súa sede social a outra comunidade durante o ano 2019. Así se desprende dun estudo publicado por INFORMA D&B. Esta cifra de saídas supera as 188 chegadas de sociedades desde outras autonomías, polo que Galicia presenta un saldo negativo restando 28.

Moedas, euros, billetes, diñeiro
Moedas, euros, billetes, diñeiro

O 37 por cento das empresas que se mudaron a Galicia neste período procedía de Madrid e un 20% de Castela e León. Pola contra, a maioría das que se marcharon (o 65%), fixérono a Madrid. Estas saídas supoñen unha perda en facturación de 208,7 millóns de euros.

Segundo engade o informe, os traslados de empresas en Galicia non mostran unha tendencia estable nos últimos catro anos. En 2017 e 2018 sumáronse 33 e 34 sociedades respectivamente, pero en 2016 recortáronse 16.

No conxunto de España foron 4.951 empresas as que moveron a súa sede social durante o ano 2019, unha caída do 21% respecto das 6.276 que o fixeron en 2018.

Temas: EMPRESA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta