Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2020 | Actualizada ás 10:00
A crise do coronavirus e a esixencia de permanecer confinados nos fogares obrigou a cancelar todas as procesións desta Semana Santa, mais houbo quen se resistiu e decidiu buscar alternativas a esta inédita situación. Neste tempo que para moitos sería de lecer, estas expresións convértense na maneira de alixeirar o confinamento.
Pasos dun balcón a outro, cervexas no canto de virxes, brincadeiras co papel hixiénico... Unha morea de vídeos que andan circulando polas redes e que foron creados do outro lado das ventás e balcóns, no interior das casas. Porque nesta Semana Santa, e nunca mellor dito, a procesión vai por dentro!
Wow nunca había visto una procesión. pic.twitter.com/f4XANEsDBm
— carolina (@car5lina) March 21, 2020
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.