En Marea pide unha renda básica que teña continuidade despois da crise sanitaria

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2020 | Actualizada ás 11:38

Comparte esta noticia

En Marea reclamou a creación dunha renda básica universal para toda a poboación como medida para facer fronte á crise económica derivada da emerxencia santaria provocada pola pandemia de coronavirus.

O partido, a través dun comunicado, apunta que ante a situación de emerxencia actual "son necesarias medida valentes" como a posta en marcha dunha renda básica, algo que, como lembra, "xa demandaban" antes da crise do COVID-19.

Este ingreso, que se entregaría de forma "regular" e que estarían por encima do "limiar" da pobreza, chegaría "a toda a poboación, sen ningunha condición", engadiu a formación. Ademais, expoñen que a creación deste ingreso teña continuidade máis aló da crise sanitaria do coronavirus e perdure no tempo pois "é unha alternativa viable que proporcionaría unha maior seguridade e liberdade a todas as persoas, contribuíndo a unha sociedade mellor".

Luís Villares e membros de En Marea. EUROPA PRESS - Arquivo
Luís Villares e membros de En Marea. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

A boas horas... durante 4 anos coa boca pechada... nin siquera foron quen de meter ao PP nun brete ante a negativa dunha Renda contra a Pobreza Enerxética en Galicia e agora cando a UE está dicindo que os experimentos de Sánchez os imos pagar todos de por vida... se lles ocorre a gran idea dunha RBU !!! Os galegos sempre temos o acordo tarde...? Lástima !!!