Detido na Coruña por incumprir o estado de alarma tras un control nun autobús urbano

O fillo do detido xa fora denunciado anteriormente en dúas ocasións.

Por E.P. | A CORUÑA | 08/04/2020 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Local detiveron un home na Coruña por reiteración no incumprimento do estado de alarma, unha detención que se produciu tras un control nun autobús urbano, segundo recolle o parte de incidencias policiais.

Os feitos producíronse sobre as 17,35 horas do martes, despois de ter coñecemento os axentes dun incremento inxustificado de usuarios de bus urbano, en concreto nas liñas 6 e 14, para andar de paseo e saír do confinamento.

Por este motivo, montaron un dispositivo de control na zona da rúa Pedro Barrié de la Maza e rúa Hospital, dándolle o alto a un autobús da liña 6.

Xa no interior, e preguntando os motivos do desprazamento aos usuarios, localizaron a un pai e un fillo que non tiñan xustificación para a saída polo que lles requiriron para que se apeasen do autobús.

Posteriormente, comprobouse que o fillo xa fora denunciado anteriormente en dúas ocasións, os días 30 de marzo e 3 de abril, por non respectar as restricións decretadas tras o estado de alarma, motivo polo que se lle detivo.

O home, veciño da cidade, de 40 anos, manifestou, antes de ser detido, que tiña que "facerse un chinés", tendo, ademais, que ser reducido á forza.

DETIDOS E DENUNCIADOS

Por outra banda, no marco dos controis do estado de alarma e desde a súa declaración, a Policía Local procedeu á detención de sete persoas por delitos de desobediencia-resistencia grave á autoridade ou axentes.

Outra persoa foi denunciada por este mesmo delito, sen detención. Tamén se denunciou a seis establecementos por abrir tendo a actividade suspendida e a outras 441 persoas por incumprir o confinamento.

Autobús con medidas de seguridade contra o contaxio de coronavirus.
Autobús con medidas de seguridade contra o contaxio de coronavirus.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

Un home mordeu un can? Non? Pois logo menos alarmismo co que é anecdótico, e máis serenidade coa alarma sanitaria.