O Concello de Santiago quere que as súas medidas ecomómicas estean listas antes de reiniciar a actividade

O alcalde de Santiago, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, incidiu en que a marxe de manobra do concello é "moi limitado" á hora de prestar axuda ao tecido económico da cidade. O Goberno está a barallar manter as "medidas extraordinarias" aprobadas para os ERTE aos sectores máis afectados pola crise.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2020 | Actualizada ás 15:28

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago traballa para que o plan de axudas para a reactivación económica estea listo antes de que se dite a continuación da actividade e, deste xeito, os beneficiarios poidan dispor das partidas desde o primeiro momento.

Así o trasladou o rexedor santiagués, Xosé Sánchez Bugallo, nunha rolda de prensa celebrada de forma telemática na mañá deste mércores na que avanzou que o goberno local quere "dar luz verde" ao programa ao longo da próxima semana. Neste sentido, Bugallo incidiu en que o plan do consistorio é que os beneficiarios dispoñan das axudas antes de que se decrete a reapertura dos establecementos e así poidan afrontar a nova situación desde o primeiro momento.

Segundo o alcalde, o "90 por cento" das medidas programa --apoio ao pago de créditos ou a renovación do tecido comercial e a aposta pola venda en liña-- tiveron "unha acollida estupenda" e que o aspecto que reportou máis críticas foi "unha cuestión secundaria" como a organización dun 'outlet' para que os comercios poñan á venda os artigos da actual tempada de primavera. Respecto diso, Bugallo apuntou que a celebración deste evento "tomarase no momento oportuno" buscando "o maior consenso posible" entre os comerciantes santiagueses.

Con todo, incidiu en que a marxe de manobra do concello é "moi limitado" á hora de prestar axuda ao tecido económico da cidade, polo que se priorizarán as achegas a autónomos, pequenos empresarios e comerciantes co obxectivo de que as subvencións municipais sirvan de complemento ás axudas anunciadas polo Goberno central e a Xunta.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, na rolda de prensa
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, na rolda de prensa

MEDIDAS DO GOBERNO PARA OS ERTE

O Goberno está a barallar manter as "medidas extraordinarias" aprobadas para os expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) aos sectores máis afectados pola crise do coronavirus, como a exoneración das cotas das empresas á Seguridade Social.

Díxoo este mércores a ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, nun encontro virtual con representantes e membros da patronal Pimec, na que participou o seu presidente, Josep González, e o seu secretario xeral, Antoni Cañete.

"Hai sectores que van continuar en forza maior" ao estar máis afectados por esta crise, remarcou Díaz, que sinalou que son, segundo os datos dispoñibles actualmente, os do turismo, a construción, a cultura e os servizos, con cinco millóns de traballadores. Por iso, defendeu que as medidas impulsadas polo Goberno para facilitar a tramitación dos ERTEs causados por esta crise e reforzar a protección dos traballadores "deberían manterse" máis aló do estado de alarma.

A ministra de Traballo e Economía Social expuxo que están a traballar en "saídas técnicas" para estes sectores, a pesar de que quixo manterse prudente e non concretou máis en que poden consistir. Subliñou que "os ERTE serven para non destruír emprego", polo que considerou que son "clave" para esta crise, e lembrou que esta ferramenta se articulou co Goberno de José Luís Rodríguez Zapatero.

POSPOÑER O SON DO CAMIÑO

O Concello de Santiago trasladou á Consellería de Cultura e Turismo a posibilidade de que a celebración do festival O Son do Camiño (previsto para mediados de xuño) se adíe a setembro "para que teña maiores garantías" ante a situación derivada pola crise do coronavirus.

Así o indicou, a preguntas dos medios este mércores, o alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, que subliñou que a decisión final corresponde á Xunta como responsable da organización do evento musical programado para os días 18, 19 e 20 de xuño no Monte do Gozo.

O rexedor ha reconcido que se trata dun "problema delicado" no que inflúen, ademais da incerta evolución da crise sanitaria, a relación coas compañías de seguro ou as axendas dos propios artistas que figuran no cartel.

Por tanto, segundo Bugallo, é a Xunta quen "ten que valorar" se a cita mantense tal e como figura agora mesmo no calendario ou se se pospón, escenario no que o concello de Santiago "vería ben" que se aprazase ao mes de setembro no caso de que "xuño ou xullo fose moi axustado".

Tamén se referiu a a posibilidade de que a crise afecte as festas do Apóstolo, que ten lugar cada ano durante a segunda quincena do mes de xullo. "Está fóra da nosa capacidade decidir cando acaba isto", apostilou Bugallo, que emprazou a ver a evolución da situción durante as próximas semanas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta