Feijóo a favor de que os deputados do PP non traballen desde a casa e vaian ao Congreso

É partidario de que vaian físicamente e non voten telemáticamente. Critica que algún membro do Goberno central xa rompeu o confinamento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2020 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, considerou que é "difícil de entender determinadas críticas" ao PP por expor unha maior presenza física no Congreso, no marco da crise do coronavirus, "vendo algunhas actitudes de membros do Goberno que non cumpren o confinamento".

Así o trasladou na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, onde foi preguntado acerca de se comparte que haxa deputados do PP no Congreso que rexeiten a participación telemática na actividade parlamentaria e aposten pola vía presencial.

"Non sei exactamente en que consiste ese rexeitamento e estou seguro de que o Grupo Popular cumprirá as distancias que se piden no pleno do Congreso, pero vendo algunhas actitudes de membros do Goberno que non cumpren o confinamento, é difícil entender deteminadas críticas. En todo caso, a min preocúpame a crise en Galicia", resolveu.

Aínda que Feijóo non deu nomes, no foco da polémica estivo que o vicepresidente Pablo Iglesias, cuxa parella e tamén ministra, Irene Montero, deu positivo, rompese a corentena para participar nalgunhas reunións do Executivo.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICI
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICI | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta