Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2020 | Actualizada ás 18:48
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou este mécores que "non van baixar substancialmente" os contratos do persoal temporal que remate contrato, como denunciou a CIG este mércores. "Entendemos que a inmensa maioría seguirán sendo absolutamente imprescindibles para traballar no Sergas ou en servizos sociais", dixo Feijóo, preguntado ao termo da reunión semanal do seu Executivo.
"O problema que temos agora é ter suficiente persoal para traballar en servizos hospitalarios. Desde o punto de vista da demanda de contratos sanitarios e sociais será crecente, non vai baixar substancialmente", defendeu e exemplificou coa "decisión inédita" de contratar a médicos MIR e profesionais de enfermaría na súa última fase de formación.
REFORZO EN RESIDENCIAS
Tamén reivindicou que a Xunta reforzou "con 634 profesionais" as residencias e asegurou que desexase "contratar a máis xente". "Pero hai quen renunciou ou con quen non se puido contactar", explicou.
Así as cousas, insistiu no seu chamamento a que todo aquel con "coñecementos sanitarios" se poña "a disposición" da administración galega e destacou que o 10% dos contaxiados son persoal sanitario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.