Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2020 | Actualizada ás 19:53
Un operario resultou ferido de gravidade tras pasarlle por encima a roda dun tractor nun taller situado no municipio de Touro, na provincia da Coruña.
O 112 tivo constancia dos feitos sobre as 13,00 horas. En concreto, o suceso rexistrouse nun taller situado no lugar da Xesteira, na parroquia de Bama.
O persoal sanitario do 061 alertou do sucedido ao servizo de Emerxencias que mobilizou até unha zona próxima o helicóptero medicalizado con base en Santiago, no que o ferido foi trasladado a un centro hospitalario.
Tamén se pasou o aviso á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do municipio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.