O ritmo de crecemento dos casos en residencias minora pero achégase ao milleiro

Dispáranse máis dun 32% os positivos detectados en centros de atención para persoas con discapacidade.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2020 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

Os casos activos en residencias de maiores crecen un 4,92% este mércores, un incremento menor que o experimentado a pasada xornada (+5,2%), e eleva a cifra ata os 708 usuarios (+19) e 273 (+27) traballadores afectados. Desta maneira, por segundo día consecutivo o número de casos detectados diminúe con respecto á xornada anterior, segundo as cifras ofrecidas pola Consellería de Política Social.

DomusVi xeriátrico de Barreiro, Vigo ©Miguel Núñez
DomusVi xeriátrico de Barreiro, Vigo ©Miguel Núñez

O maior incremento produciuse entre os traballadores, onde os casos aumentaron un 10,98% con respecto ao martes. Gran parte deles detectáronse na residencia Remanso Claudina-Somoza da Coruña.

En canto aos afectados que computan entre os residentes, agora son 708, o que implica un incremento do 2,75% respecto ao martes. En total diagnosticáronse 28 novos casos, pero tamén deixaron de formar parte deste cómputo de Política Social (e pasaron ao do Sergas) os casos de nove persoas. Por tanto, o número de casos activos creceu en 19 individuos.

Ademais, o Sergas precisou que o número de casos detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 3,2% total das persoas residentes neste establecemento.

NOVOS DIAGNÓSTICOS ENTRE RESIDENTES

Os casos que se incorporaron á lista de positivos en residencias de maiores son oito na nosa Señora de Fátima (30), sete en Remanso Claudina-Somoza (17), dous en DomusVi Barreiro (66), dous no Portazgo (39) e dous en residencia Miradoiro do Eo en Ribadeo (2).

Ao mesmo tempo sumouse un caso individual en Fogar Bellolar (9), outro en Padre Rubinos da Coruña (1), outro en Avós Felices na Laracha (1), un en Melide (1), un na Milagrosa de Lugo (1), un en Residencia Chandrexa (1) e outro en residencia Val Monterrei (1).

RESTO DE RESIDENCIAS

O resto de centros de maiores manteñen a cifra que contemplaban ata o momento, excepto os casos nos que as persoas afectadas pasaron a formar parte do cómputo do Sergas.

É o caso das residencias de Nosa Señeñora do Carme de Fisterra (-1), Súa Casa de San Sadurniño (-1), Virgen de la Luz de Monforte (-1), San Carlos de Celanova (-1), Residencia San José de Ourense (-3) e A nosa Señora da Esperanza (-2).

Para chegar aos 708 totais, hai que contabilizar os diagnósticos de: A nosa Señora da Esperanza (103), DomusVi de Cangas (98), DomusVi Santiago (82), San Carlos de Celanova (40), Divino Mestre (35), Residencia Galisenior (29), San Pedro de Crecente (17), Residencia Concepción Arenal (17), CRAPD de Vigo (15), Residencia Matogrande (14), Moledo de Vigo (17), Castro Caldelas (16), Fundación José Otero en Santiago (23), As Fragas de Pontedeume (9), Residencia de Vilaboa (3), Foz (5), Betania de Viveiro (3), Castro de Rei (2) e DomusVi Monforte (2).

Á vez, na residencia de Arteixo, Nosa Señora do Carme (Fisterra), DomusVi Chantada, Lecer Avoíños de Coles, DomusVi Pereiro (O Pereiro de Aguiar), Bela Vista (Nigrán) e Ramirás mantéñense un caso cada unha.

273 TRABALLADORES

Pola súa banda, os traballadores afectados ascenden a 273 coa detección de 27 novos casos. Once deles apareceron en Remanso Claudina-Somoza, que chega aos 18; outros sete en DomusVi San Lázaro (37); seis na nosa Señora de Fátima (10), un en Residencia O Casón de Moeche, na Coruña (1); outro en DomusVi Barbadás (1) e outro en Galisenior (7).

Os principais focos entre os empregados están na residencia A nosa Señora da Esperanza de Ourense (34), Divino Mestre de Ourense (19), O Portazgo (18), San Carlos de Celanova (18) e DomusVi Cangas (17).

A estes súmanse casos na residencia San Pedro de Crecente (13), a Moledo de Vigo (12) a DomusVi Barreiro (11), a de Foz (7), a de Castro Caldelas (6), a Galisenior de Ourense (6), a San José Otero de Santiago (5), a DomusVi Monforte (5), a Concepción Arenal da Coruña (4), a San José Hermanitas de Ourense (3) e a residencia Os Gozos de Pereiro (3).

Seguen a esta os centros Nosa Señora do Carme de Fisterra, As Fragas de Pontedeume, o de Burela, a Vivenda Avime de Cospeito, a San Rosendo de Vigo e o CRAPD da mesma cidade, con dous empregados con coronavirus cada un; e casos individuais en Fogar Bellolar, en Melide, en San Simón de Teo, en Silleda, en Castro de Rei, en DomusVi Chantada, nas Gándaras de Lugo, na Milagrosa desta mesma cidade, na San Rafael de Mondoñedo, en Alvetus de Avión, na residencia A Porqueira e en Albi Beade, en Vigo.

CASOS EN RESIDENCIAS DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Os casos positivos entre usuarios de centros de atención para persoas con discapacidade dispáranse un 32,72% este mércores, despois de detectar 27 casos máis nestes CAPD, a maioría deles en Amicos, do concello coruñés de Boiro. Desta maneira, os diagnósticos elévanse ata os 73 usuarios afectados. O resto de novos casos apareceron tres en CAPD A Coruña (3), tres no CAPD de Redondela (34) e un que se suma a Souto de Leixa.

O resto de residencias permanecen coas cifras que tiñan ata agora: CAPD de Sarria (8), Aixiña (2) DomusVi (Bóveda) (2), Dano Cerebral Cruz Vermella de Castro de Rei (3) e Santa Cruz San Rosendo de Ourense (2).

Pola súa banda, os casos de traballadores afectados tamén se incrementa nun 35,55%. De 45 infectados na xornada do martes pasaron a 61 este mércores. A maioría dos diagnósticos foron detectados en Amicos, que crece ata os 8. O resto contabilízanse no CAPD Coruña (2), Souto de Leixa (1), Coral Seoane (1), Centro Imserso Ferrol (5), DomusVi Bóveda (3), CAPD Sarria (15), San Vicente de Paúl (Lugo) (1), Vivenda Tutelada Ágora de Monforte (1), Aixiña (2),Santa Cruz San Rosendo (1), CAPD Redondela (20) e APAMP Vigo (1).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta