Colas na estrada de saída da capital cara a Coruña este mércores

Este mércores houbo grandes colas de saída en Madrid tal e como amosaban as imaxes de Tráfico. A DGT di que son polos controis policiais para evitar que a xente vaia a segundas residencias.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 09/04/2020 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

Mércores pola tarde en Madrid. A A-6 dirección A Coruña estaba saturada con colas. Isto en pleno estado de alarma. Semella que era un fake, pero a web Maldita.es confirma que se trata de retencións provocadas polos controis da Garda Civil.

Cola quilométrica de coches saíndo de Madrid durante a ponte de Semana Santa
Cola quilométrica de coches saíndo de Madrid durante a ponte de Semana Santa | Fonte: DGT

A DGT di que as retencións foron polos controis instalados en diferentes puntos de Madrid para controlar precisamente os traslados innecesarios a zonas vacacionais ou segundas residencias Segundo datos da Dirección General de Tráfico (DGT) este martes houbo retencións de nivel amarelo na A-2, A-3, a A-5 e especialmente a A-6, saíndo da capital dirección Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta