O BNG, contrario a retomar a actividade: "Pesan máis os intereses empresariais ou a saúde dos traballadores?"

O voceiro do Bloque Nacionalista Galego, Néstor Rego, tamén criticou a "centralización" da xestión da crise, algo que aos seus ollos se demostrou "ineficaz".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2020 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

O portavoz do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Néstor Rego, advertiu do "erro" de retomar a actividade nos centros de traballo, que en moitos casos están "masificados" e non contan coa protección adecuada. Ademais, reprochou a "centralización" da xestión da crise santiaria para facer fronte ao COVID-19.

Rego insistiu en que a prioridade para o seu partido é salvar vidas e "non as contas de resultados". Así, lembrou que Sánchez primeiro rexeitou paralizar a actividade non esencial e poucos días despois apostaba por esa medida que era "inevitable" e "absolutamente necesaria", aínda que chegase "tarde".

"Lamentablemente perdéronse días valiosos para atallar a expansión da epidemia e salvar vidas", manifestou, para engadir que o Goberno actuou por "razóns económicas" e non sanitarias. Dito isto, criticou que agora se anuncie o fin do confinamento antes de saber como evoluciona a epidemia.

"Está o Goberno en condicións de garantir a seguridade para todos os traballadores? É evidente que non. Por iso preguntámonos canto pesan na balanza os intereses empresariais e canto a saúde dos traballadores", dixo, para avisar de que esa medida pode provocar un "rebrote non desexado" que "dificulte e atrase o control definitivo do virus". Sería "desandar o camiño andado", nas súas palabras.

Así mesmo, Rego criticou que o Goberno rexeitase a proposta de "reverter o proceso de centralización" aplicado co estado de alarma a pesar de que, ao seu xuízo, demostrouse "errado e ineficaz".

É máis, subliñou que a decisión de "centralizar" as decisións en Madrid foi "aproveitado de forma descarada e impúdica" polo 'popular' Alberto Núñez Feijóo, quen, ao seu xuízo, leva "once anos de recortes, precarización e privatización da sanidade pública galega para tratar de recortar a súa propia inacción, inoperancia e incapacidade co permanente pretexto de que carece de competencias". E dixo que "parece claro" que aprazou as eleccións "pero non a campaña electoral".

Néstor Rego no Congreso. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
Néstor Rego no Congreso. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Viriatus

Sí claro. Como se nota que los políticos siguen cobrando sus suculentos sueldos. Cuéntaselo al dueño de una pequeña tienda de ropa que sigue pagando impuestos, alquiler, préstamos, cargas sociales, sin cobrar un euro.

1 Gamela

Prohibido el Paso https://youtu.be/eYLthJV8lGs