Galicia en Común afea a "falta de concreción" da Xunta sobre as oposicións en educación

Antón Gómez Reino pide ao Goberno galego que implante medidas económicas de apoio ao sector cultural, "desamparado" durante esta crise.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2020 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

O portavoz de Galicia en Común - Anova Mareas, Antón Gómez Reino, instou á Xunta de Galicia a "dar unha resposta clara" aos "miles de persoas" que están a esperar a saber "se vai haber oposicións" en educación "ou non".

Nunha rolda de prensa telemática ofrecida este xoves, trasladou o apoio da coalición a toda as persoas que viven "con enorme incerteza" a "falta de concreción" do Goberno galego sobre esta convocatoria.

Gómez Reino, que subliñou que os exames se deben de realizar "nun marco de garantías sanitarias", trasladou o apoio da súa formación á campaña lanzada por "miles de opositores" que esixen "respecto e claridade" á Xunta nun contexto no que o resto de administracións "xa aprazaron os procesos".

En concreto, en Galicia, o Executivo galego mantén o proceso selectivo nos termos previstos, pero tomará unha decisión na primeira semana de maio. Respecto diso, Gómez Reino pediu unha "resposta clara" e esixiu que, no momento no que se celebren as oposicións, se manteña a proposta de prazas da actual convocatoria.

PROPOSTAS EN CULTURA

Eva Solla, Antón Gómez Reino e Martiño Noriega da coalición Galicia En Común Anova Mareas. GALICIA EN COMÚN ANOVA MAREAS
Eva Solla, Antón Gómez Reino e Martiño Noriega da coalición Galicia En Común Anova Mareas. GALICIA EN COMÚN ANOVA MAREAS | Fonte: Europa Press

Ademais, Gómez-Reino considerou necesario que as administracións públicas dean un "apoio decidido" a un sector cultural que "se sente desamparado". Neste sentido, explicou que, entre as medidas de Galicia en Común para a cultura, figura que se eleve o investimento neste ámbito ata un 0,25 por cento do PIB, fronte ao 0,11 por cento no que está agora.


Gómez Reino tamén propuxo medidas de compensación das perdas, cubrir os gastos dos proxectos cancelados, acelerar os pagos pendentes, así como máis liñas de axudas urxentes a fondo perdido para autónomos e empresas do ámbito cultural. Ademais, reclamou que non se suspendan os contratos coas empresas prestadoras de servizos culturais, que se valore unha posible reorganización bianual do calendario cultural e que as convocatorias de subvencións inclúan anticipos de pagos para facilitar a liquidez do sector.

Por outra banda, considerou necesario que a CRTVG se comprometa coa difusión da cultura galega en todos os formatos posibles. Ademais, pediu pór a disposición dos nenos e nenas franxas máis amplas de contidos pedagóxicos.

Entre outras cuestións, recomendou a elaboración dun estudo do impacto socioeconómico desta crise no sector cultural para, a partir deste, deseñar medidas específicas para o sector. 
"Temos un tecido cultural rico, vivo, que dá traballo a decenas de miles de persoa e ten que ter un apoio decidido por parte da Xunta", reclamou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xian do Sil

Eva, cuando vas dejar de cobrar 98.000 euros y volver a tu puesto de enfermera? Entendemos que es más cómodo cobrar 4 veces más sin hacer nada pero ya repatea.