Os falecidos suman 305 tras rexistrarse un total de 17 mortes este xoves

O número de infectados por COVID-19 ascendeu a 5.551 na comunidade galega, tras rexistrarse 91 casos novos. Nas últimas horas, sóubose de nove pasamentos máis por mor desta enfermidade, catro deles en residencias de maiores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2020 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

A confirmación de oito novos falecidos en hospitais galegos nas últimas horas eleva as cifras de mortos en Galicia ata os 305 casos, entre estes centros sanitarios e residencias de maiores. A xornada do xoves saldouse cun total de 17 falecidos a causa do coronavirus, dos que trece foron persoas ingresadas en centros hospitalarios.

Estes oito novos casos foron o dun home de 88 anos e dúas mulleres de 58 e 97 anos, respectivamente, que estaban ingresados no Complexo Hospitalario da Coruña; outro home de 90 anos na Rosaleda e outro de 84 no CHUS, ambos en Santiago de Compostela. O resto de falecidos foron unha muller de 95 anos ingresada no Hospital de Valdeorras; e outra de 92 anos, xunto a un home de 92, ingresados no CHUO. Todos eles presentaban patoloxías previas.

Estes oito novos casos súmanse a outros cinco rexistrados esta xornada, en concreto o dunha muller de 89 anos e un home de 84 que estaban ingresados no Hospital de Valdeorras; un home de 92 anos e unha muller de 62 no CHUVI, e outro home de 82 anos no Complexo Hospitalario de Santiago.

TENDENCIA Á REDUCIÓN

O cómputo de falecidos en hospitais sitúase así en 244. Cos últimos datos engadidos, o cómputo por áreas sanitarias ascende a 70 na Coruña, 51 na de Vigo, 47 en Ourense, 32 en Santiago, 16 en Ferrol, 17 en Lugo e 11 falecidos na de Pontevedra.

A evolución de casos na comunidade galega mantense, así, na tendencia das últimas xornadas, pero reducíndose respecto deste mércores con tres casos menos. O titular de Sanidade, Jesús Vázquez, destacaba este xoves que as cifras están "a mellorar" tras as últimas semanas, cun crecemento que se sitúa no 3 por cento diario. Almuíña defende que os casos que aparecen "son, en xeral, leves" e que se tratan no propio domicilio con seguimento desde Atención Primaria, para comprobar se existe un empeoramento dos síntomas, mentres o número de ingresos en UCI "vai baixando día a día".

"É un dato moi importante e moi esperanzador", insistiu, sobre todo de cara a ese futuro levantamento das medidas de confinamento social polo estado de alarma.

RESIDENCIAS DE MAIORES

Ademais, outras catro persoas faleceron en centros residenciais a causa do coronavirus. O computo ascende xa a 61 vítimas nestas instalacións. En concreto, dous na residencia DomusVi de Cangas, un na DomusVi Barreiro e outro na residencia Moledo, estas dúas últimas en Vigo, segundo indica Sanidade.

Así, desde que se iniciou a alerta pola pandemia, morreron 16 maiores no centro DomusVi de San Lázaro, 13 no DomusVi de Cangas, outros 11 na residencia A nosa Señora da Esperanza, 8 na DomusVi do barrio vigués de Barreiro, un na residencia Moledo (Vigo), 6 no Portazgo (A Coruña), un no Fogar Bellolar, outro na residencia de Castro Caldelas, un máis en Remanso Claudina-Somoza (A Coruña), un en San Carlos de Celanova, outro na residencia Divino Maestro (Ourense) e un na residencia de Bande.

Segundo os datos trasladados por Sanidade, do total de 305 falecidos pola pandemia, polo menos 117 son mortes vinculadas con centros residenciais. É dicir, se 61 faleceron nas propias residencias, outras 56 persoas usuarias destes centros fixérono en hospitais ou nas chamadas residencias integradas.

Un operario con traxe de desinfeccion na Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense -foco principal de contagios do Covid-19 ata agora na provincia galega- en Celanova (Ourense, Galicia, España), a 24 de marzo de 2020.. Rosa Veiga - Europa Press
Un operario con traxe de desinfeccion na Residencia de anciáns San Carlos de Celanova en Ourense -foco principal de contagios do Covid-19 ata agora na provincia galega- en Celanova (Ourense, Galicia, España), a 24 de marzo de 2020.. Rosa Veiga - Europa Press

INFECTADOS POR COVID-19

O número de infectados por COVID-19 ascendeu a 5.551 na comunidade galega, tras rexistrarse 91 casos novos. A pesar diso, as altas de pacientes tamén se incrementaron e xa ascenden a 910. Segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade, 1.148 destes pacientes pertencen á área da Coruña, 563 á de Lugo, 1.041 á de Ourense, 470 á de Pontevedra, 1.069 á de Vigo, 939 en Santiago, e 321 á de Ferrol.

Uns 154 destes pacientes permanecen ingresados na UCI, catro menos que este mércores, mentres que outros 794 atópanse en unidades de hospitalización e 4.603 no seu domicilio. O número de altas tamén aumentou respecto da pasada xornada, con 110 máis que este mércores. En total, este indicador situouse en 910. O test de coronavirus realizados en Galicia (PCR) ascenden a 36.799 ata a data, segundo os datos facilitados por Sanidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Gamela

Hoxe 10 de abril... levamos 318 mortos (125 en Residencias) ? Se alguén pode recoller os datos dos Rexistros Civís igual a cousa se multiplica por dous ou por tres ? Está claro que nos toman por parvos... https://www.xunta.gal/notas-de-pren... Falan do 3,5 % do total de residentes cando calquera poder ver que son 39% dos falecidos !!! Alguén de GC debera especializarse en contar os nosos mortos ? Lamentable ter que facer o traballo que non fai o SERGAS !

2 Moisés Cid

Como a Xunta non interveña as residencias será unha carnicería. Nesta situación non teñen os medios precisos para prestar unha calidade asistencial digna e os nosos avós están a morrer coma se fosen cáns! Eu perdín a unha avoa sen sequera poder falar con ela por teléfono. A outra, afortunadamente está no CHUO. Ambas eran residentes de Nuestra Señora de la Esperanza.

1 Gamela

Sinto moito a túa perda e gracias pola túa denuncia pública ! http://www.fundacionsanrosendo.es/q... Penso que do mesmo xeito que existe unha Asociación de Afectados polo Accidente do Alvia deberamos constituir co debido asesoramento xurídico unha Plataforma de Afectados polas Neglixencias nas Residencias de Maiores en Galicia !!! Aínda que teñamos que pelexar nos tribunais durante 20 anos, que polo menos esta DESFEITA non sexa gratis para os que se pasan a vida falando polas televisións !!! O SERGAS e a Xunta son boas Administracións de Morte !!! E non só para os vellos... !!! Una aperta e sorte !!!

2 Gamela

Moisés alégrame que alguén esté a traballar na boa dirección !!! Os mortos falan !!! https://twitter.com/00Gamela/status...

1 Gamela

A ver se nos aclaramos... levamos 297 ou 305 mortos ? Se nin siquera sabemos contar os mortos mal asunto ! https://www.xunta.gal/notas-de-pren...