Fin de semana con crecemento de casos activos e mortes por coronavirus en Galicia

Este sábado houbo 116 positivos máis que o venres, un 2% máis.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2020 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

A Comunidade galega rexistra 5.747 casos activos de coronavirus en todo o territorio, 116 diagnósticos máis que onte, o que supón un incremento do 2,06% con respecto ao venres. Tamén aumentan o número de mortos, 347, 21 máis que o venres só a media tarde deste sábado.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade precisou esta información este sábado a través dun comunicado, no que explica que a maioría se concentran na área da Coruña (1.169), Ourense (1.129) e na de Vigo (1.085). O resto distribúense en Santiago (963), Lugo (592), Pontevedra (483) e Ferrol (326).

Do total de pacientes que deron positivo, 143 permanecen na UCI, seis menos que onte. O número de hospitalizados tamén minguou ata os 716 (-50) e os asistidos nos seus domicilios son agora 4.888 (+172).

CASOS EN RESIDENCIAS

Por outra banda, do total de casos activos, 800 están diagnosticados entre os usuarios de residencias de maiores, mentres que 400 profesionais que traballan nestes centros tamén deron positivo.

Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus
Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

Dos 73 mortos en residencias (pechamos a porta e agardamos ata que morran?) Dos 68 mortos en Hospitais e Residencias Integradas (a cantos se lle facilitou un respirador?) Se as familias nin siquera teñen noticia deles ata que lles diagnostican o falecemento a cousa pinta mal pero que moi mal... ? Algún medio de comunicación podería facerlle estas preguntas ao presidente Feijoo? O presidente Sánchez xa sabemos que non quere escoitar falar de mortos, e o ministro Illa non sabe, non contesta... !!! Pero algúns quixeramos saber que están ocultando os APLAUSOS SANITARIOS en Galicia ???

1 Gamela

Gústame o lapsus na redacción do comentario anterior: diagnosticar o falecemento Vostede ten pinta de que vai morrer... (e tres días máis tarde, morre!)