Feijóo acata a estratexia de Casado e amosase contrario a un gran acordo de Estado fronte a crise

Sae en defensa de Díaz Ayuso fronte ás "descualificacións" e a actuación "indigna" do PSOE no Congreso. Evita comentar as críticas do PP ao Goberno de Sánchez.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2020 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acatou a estratexia posta en marcha polo líder do seu partido, Pablo Casado, e considera que os pactos de reconstrución do Estado fronte a cirse do coronavirus que propón o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, "é moi bonito dicilo" pero falta "concretar" a vontade deste acordo. "Só coñecemos o título e descoñecemos a letra e a música", dixo.

Na comparecencia tras a videoconferencia deste domingo co resto de líderes autonómicos e Sánchez, Feijóo criticou que "lamentablemente" na xestión da crise sanitaria "anúncianse cousas que nin sequera están traballadas". Referiase á proposta do presidente do Goberno estatal que reclamou a todos os partidos e presidentes autonómicos "unha desescalada da tensión política", pondo como exemplo os consensos da Transición, e apelou á unidade coas autonomías.

Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior á reunión do Consello da Xunta. XUNTA
Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior á reunión do Consello da Xunta. XUNTA | Fonte: Europa Press

"O que si coñecemos é que os grupos parlamentarios socios do Goberno no Congreso dos Deputados dixeron que hai que pactar con Cataluña e con Euskadi", engadiu, en referencia aos partidos independentistas.  Neste contexto, advertiu que estas formacións, "no canto de querer os Pactos da Moncloa, o que queren son os Pactos anti-Moncloa", e dixo que así é "moi difícil tomarse as cousas en serio". Unhas críticas aos partidos independentistas que comparte o propio PP que descualifica a Sánchez por esta oferta de diaólgo.

"DESCUALIFICACIÓNS" A DÍAZ AYUSO

Ademais, Feijóo saíu en defensa da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, e cargou contra o PSOE polas súas "descualificacións" cara a ela e a súa actuación "indigna" na sesión do Congreso desta semana.

"É moi difícil entender que se hai que ser leal con aquel que é desleal e é moi difícil establecer unha fórmula, mesmo de Pactos da Moncloa" neste contexto, aseverou, para logo lembrar que Madrid sufriu a pandemia do coronavirus "con máis intensidade probablemente que calquera outra capital europea".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta