Que pasou cos 8 millóns de máscaras, os 174 respiradores de China e o test rápidos que anunciou Feijóo?

O presidente galego di que só recibiu "entre dez e doce" respiradores, "pero que agora xa non fan falla". Segue "tentando mercar" test rápidos e utilizará aos do goberno para facer estudos epidemiolóxicos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2020 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

Hai tres semanas, o presidente da Xunta anunciaba que adquirira material propio para facer fronte á pandemia do coronavirus, entre eles, oito millóns de máscaras, ademais de batas, luvas e traxes protectores. Pouco depois anunciaba a adquisición dunha partida de 174 respiradores a China e 60.000 test rápidos.

Máscaras de quirófano e material cirúrxico. EUROPA PRESS - Arquivo
Máscaras de quirófano e material cirúrxico. EUROPA PRESS - Arquivo

Vinte días despois, os oito millóns de máscaras quedaron en 7,3 millóns e dos test rápidos, "diferentes aos do Goberno central", dixo que "existen no mercado e a Xunta está a tentar compralos", manifestou. Dos famosos respiradores, tan necesarios hai unha semana, aclarou que recibiron "aproximadamente 10 ou 12" pero matizou que agora "non é o problema que era hai días". "Agora, e con cautela por se se produce un rebrote da pandemia, neste momento hai capacidade en coidados intensivos", manifestou.

Durante a rolda de prensa mantida con Sánchez este domingo, Feijóo agradedeu que se mande material per explicou que os equipos de protección sanitarios entregados polo Estado á Comunidade son, de acordo coas súas cifras, o 11 por cento dos utilizados en total no Servizo Galego de Saúde (Sergas) --a semana pasada era do 10 por cento--. "Galicia tivo que adquirir o 89 por cento restante", valorou.

Preguntado respecto diso, indicou que a Xunta xa comprou e entregou máis de 7,3 millóns de máscaras, mentres que as do Goberno alcanzan as 924.000 unidades. Desde a Delegación do Goberno informaron a Galicia Confidencial que as máscaras remitidas son 1.470.000 que se suman as máis de 600.000 que se distribuirán este luns. En total, máis de dous millóns, un millón máis das contas da Xunta.

TEST RÁPIDOS

Ao fío de todo iso, Feijóo insistiu en que os case 120.000 test rápidos remitidos polo Goberno central non serven para facer diagnósticos, senón só para estudos epidemiolóxicos. Así, pediu que os test rápidos do coronavirus que adquira o Goberno sexan concluíntes, porque os enviados ata agora "non garanten nin os positivos nin os negativos", xa que teñen que ser complacentrementados "cunha PCR".

E a pesar de que "son bos" para estudos epidemiolóxicos, apelou a que o Estado adquira probas definitivas "polo menos para os positivos": "Existen, están no mercado e a Comunidade galega está a tentar compralos". Con todo, recoñeceu que a metade dos remitidos foron utilizadas para as probas a persoal sanitario e centros da terceira idade, complementados con probas PCR. O resto dixo, serán utilizados para estudos de poboación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Fulgencio Papista

non vos preocupedes….cada opositor terá a sua mascarilla e os presidentes de mesa o respirador....

1 Gamela

Os grandes números... ocultan os datos reais ! Como no caso de contar mortos (que tampouco saen os números!) Como no caso de cobrar os ERTEs que ninguén sabe cando van cobrar ! O único que sabemos é que vivimos nun Estado Policial Permanente dende hai 30 días... e a xente seguirá morrendo tan ricamente nas Residencias Integradas ou Desintegradas per sécula seculorum AMÉN ! Tentar comprender o cúmulo de mentiras (e medias verdades) en tempos de cona-virus é como tentar coñecer os frentes de exército no medio dunha Guerra ! (Cada quen contará o que lle conveña!)