Ana Pontón di que Feijóo é un "cínico" e só "se limita ás comparecencias televisivas"

Denuncia que "leva 15 comparecencias na TVG e só una no Parlamento".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 12/04/2020 | Actualizada ás 20:51

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de "limitarse a dar comparecencias en televisión" ante a crise sanitaria e de "usar á TVG como canle de propaganda".

A líder nacionalista tacha ao titular do Goberno galego de manter unha actitude "cínica" na situación actual. Pola mañá "Feijóo pide que a reunión de Sánchez cos presidentes autonómicos non se converta nun trámite" e pola tarde "desconvoca unilateralmente e sen dar explicacións a reunión" coas forzas políticas galegas.

Así o trasladou Pontón aos medios despois de que este domingo o presidente da Xunta comparecese en rolda de prensa despois de reunirse por videoconferencia con Sánchez. Os dous domingos anteriores, tras o encontro entre presidentes autonómicos e o estatal, Feijóo tamén mantiña unha reunión cos partidos da oposición, pero este domingo esa cita non se celebrou.

Por este motivo, a portavoz do Bloque "lamenta" que o presidente galego "incumpra o compromiso de manter" a reunión semanal, "a pesar da actitude de colaboración do BNG desde o inicio da crise", dixo. A xuízo de Pontón, o xefe da Xunta "non só foxe do Parlamento, senón que agora tamén incumpre a súa palabra demostrando deslealdade política nun momento no que hai que sumar colaboración, esforzos e medidas" para que "realmente os gobernos acerten na xestión desta crise".

En canto a esta xestión, cre que "non pode limitarse a comparecencias en televisión e moito menos que se use á Televisión de Galicia como canle de propaganda". Pontón asegura que, desde que se declarou o estado de alarma, "Feijóo leva 15 comparecencias na TVG e só una no Parlamento".

Roberto Vilar e Luís Zahera falan por teléfono con Feijóo no Land Rober
Roberto Vilar e Luís Zahera falan por teléfono con Feijóo no Land Rober | Fonte: TVG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

Ai! os bota pam e chama-me cam som avondosos e fachendosos, sempre lambendo a mau do patrom. E consideram-se profissionais, de que?