A aula Castelao publica vídeos do seu arquivo histórico durante os días da XXXVII Semana Galega de Filosofía

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2020 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

Tras a decisión de atrasar a Semana Galega de Filosofía, que debía comezar a súa XXXVII edición este luns, a aula Castelao abriu ao público unha serie de recursos do seu arquivo histórico para que a cidadanía os consulte durante as xornadas nas que debía celebrarse esta cita.

A primeira publicación será a da inauguración da XXIII Semana de Filosofía, en 2006, a cargo do entón presidente da entidade, Fernando Pérez, como homenaxe a quen foi cofundador da aula Castelao e que faleceu precisamente nese ano.

Tras isto, seguiranse subindo conferencias e entrevistas desa e doutras semanas de filosofía, mesmo anteriores, a través da canle de Youtube e das redes sociais, en cada unha das xornadas nas que debería celebrarse a Semana deste ano.

Presentación da Aula Castelao de Filosófía en Pontevedra
Presentación da Aula Castelao de Filosófía en Pontevedra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta