Máis do 25% dos maiores da DomusVi San Lázaro xa están mortos: “Algún día faremos xustiza"

Os familiares dos usuarios desta residencia de Santiago viven con moito medo e tensión todo o que esta pasando neste centro que se converteu no epicentro das mortes en Galicia. "Ninguén nos di nada", critican. Esta é a crónica do que pasa nunha residencia que a Xunta non quere intervir a pesar do gran número de falecidos.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 13/04/2020 | Actualizada ás 22:34

Comparte esta noticia

DomusVi San Lázaro é hoxe o epicentro da traxedia que se vive en Galicia. Nesta residencia de Santiago de Compostela foi a primeira onde se souberon de casos positivos nos primeiros días do confinamento, tal e como adiantou Galicia Confidencial o 19 de marzo pasado. E, agora, tristemente, convértese novamente en noticia por ser o centro de maiores con máis mortos de Galicia, preto de 40. Isto supón que máis do 25% dos residentes xa están mortos.

Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario
Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario | Fonte: © Miguel Núñez

Neste centro estaban ingresadas 150 persoas antes de que toda esta pandemia comezara. Os primeiro test realizaron deron 82 positivos entre residentes e máis de 30 entre traballadores. Este 8 de abril, noutras novas probas aumentaron os positivos con oito novos residentes e sete traballadores. Uns datos demoledores: 91 residentes e 37 traballadores contaxiados. Máis do 60% dos maiores están contaxiados.

Pero desa dura porcentaxe, hai que facer outra aínda máis dura. Preto de 40 persoas están xa mortas, o 25% dos residentes. Non é un dato exacto porque a Xunta non facilita información da procedencia dos mortos en hospitais. E iso, que Feijóo criticaba este domingo a Sánchez por falta de información e protocolos en relación ás residencias e maiores.

Para o Goberno galego, as vítimas son “cifras”, “números”, tal e como din os familiares. Por iso, son eles os que teñen que facer contas para saber o número de mortes confirmadas nesa residencia, na Porta do Camiño, que curiosamente é o centro de referencia onde a Xunta está levando a maiores supostamente menos contaxiados e nos que xa houbo mortos, e tamén nos hospitais.

CASOS DE XULGADO

Galicia Confidencial puido coñecer a testemuña de varios destes familiares rotos pola dor dunha perda, pero, sobre todo, pola insensibilidade coa que a xerencia de DomusVi e a propia administración galega está tratando esta situación. Moitos non souberon nada deles, nin que tiñan, nin onde estaban. E, nalgunha ocasión nin tan sequera os chamaron para avisalos da súa morte.

Residencia de Anciáns DomusVI Aldán, en Cangos, onde hai varios falecidos por coronavirus entre os maiores
Residencia de Anciáns DomusVI Aldán, en Cangos, onde hai varios falecidos por coronavirus entre os maiores | Fonte: Miguel Núñez

“A miña nai faleceu en Porta do Camiño. A min non me chamaron para nada, nada de nada. Cando me enterei do positivo chamaba todos os días e sempre a mesma resposta; “está ben, illada, asintomática”, apunta a filla dunha das falecidas. Outro día que chamou nun festivo mesmo recibiu a bronca da médica. “Iso son cousas da xerencia. Ten que preguntarlle a eles pero non ve que hoxe é festivo”, espetoulle.

“Só me chamaron un día despois de que morrera. Pero non a directora, non. Foi a asistente social e que a título persoal me quería dar o pésame. Imaxínate como me puxen”, lembra.  Esta muller, unha das poucas veces que puido falar coa xerenta do centro, díxolle que agardaba que non pasara como en Madrid. “Alí morren porque non se seguen os protocolos”, contestoulle. “E resulta que aquí agora morren cada día unha chea deles. E que protocolos seguen aquí?”, pregúntase.

INHUMANIDADE

Outra moza, neta doutra falecida, está convencida das numerosas irregularidades que se están cometendo nese centro. De feito, no seu caso, xa as denunciu antes de que esta crise comezara. O caso da súa avoa é como o doutros residentes. Comezou con febrícula unha mañá. Deixaron pasar e pola noite xa estaba moito peor e houbo que ingresala no hospital de Santiago. “Vai para o hospital e xa te arranxas ti se te deixan ou non pasar. Iso non é competencia nosa”, espetáronlle no centro.

No hospital dixéronlle que fora moi deshidratada e con moita febre e “unha neumonía moi grande”. Esta neta non puido despedirse da súa avoa, como moitos outros, pero foi grazas a humanidade dun médico que puideron falar con ela e vela de lonxe antes de devolvela ao hospital.

Son casos crus, duros, case irreais. Son maiores que morren como unha cifra, cun número. Estadísticas que a Xunta, ademais, non quere aclarar. Pero eses maiores teñen nome e teñen familia. E, como din, “algún día farase xustiza”. E contan isto, para que non volva pasar e para que os familiares que están en situacións semellantes pidan axuda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

6 Gamela

Así funcionan os Lazaretos Feijoo S.L. https://www.galiciapress.es/texto-d... Unha Plataforma de Afectados debera encargarse de pedir xustiza para tanta barbarie !

5 María

Penso que tamén sería importante investigar ós Servizos sociais e á FUNGA. Informe médico: " paciente no acompañada por ningún empleado ni asistente de la FUNGA. Úlceras vasculares. Viene desaseada con las vestimenta sucia y con olor a rancio. Mala higiene corporal, totalmente descuidada y sin ningún aseo corporal. Incontinencia urinaria. Intertrigo en región inguinal bilateral, húmeda la zona y con muy mala higiene. Fetidez importante...... fotos de úlceras crónicas....... fotos de dermatomicosis de la zona inguinal. Dependiente para ABVD. Enolismo crónico. Trastorno psiquiátrico. EPOC mal controlado. Glaucoma. Problemática social grave. No tiene ayuda para cumplimiento de tratamiento, precisa un cuidador. Se recomienda ingreso residencial". Necesidad de ayuda para aseo, vestimenta, alimentación, suministro de medicación. No recibe rehabilitador ni ayuda adecuada. Tutelada por la FUNGA. Situación de máxima gravedad".

4 Auxiliar de privada moi doido

As/os auxiliares e enfermer@s das residencias privadas estanse a sentir atacados e criminalizados , cando eles están a dar todo , e mais polos nosos maiores. A falta de persoal, e unha loita que levan de moito tempo, pero a culpa de ter un ratio tan baixo e da administracion que sempre permitiu iso, pero ese tema laboral, non ten nada que ver con esta guerra, ou é culpa do persoal que o virus entre nas residencias? Ata o dia do confinamento, nas residencias podian entrar visitas, e unha semana antes quixeronse restrinxir, pero queixas de familiares, si esos familiares que agora mais protestan, foron os que impediron que se restrinxiran, incluso algúns se colaban nas habitacións dos residentes...eso si é unha irresponsabilidad...o virus entrou de fora que non naceu nas residencias...outro tema e o do sergas e o 061, que nin viñan a buscar residentes para ingresar...e logo, ainda que sexas dependente non tes derito a unha uci...

3 Gamela

E mira por donde cando unha empresa ía cumprir escupulosamente as normas de seguridade decretadas polo propio Goberno resulta que os protocolos dánse a volta e agora van traballar infectándose con moita ledicia !!! Se non nos mata o virus, o fará o Goberno! (tódolos gobernos!) https://www.elconfidencial.com/empr...

2 Xian do Sil

Os responsables de Domus teñen que responder ante a Xustiza pero algúns sanitarios tamén pola súa falta de humanidade.

1 Dr Bacterio

Non se agoche e se coñece algún caso : Denuncie no Xulgado, pero non verta lixo sobre os sanitarios

2 Xian do Sil

Liches o artigo, pequeno membro da Gestapo?. Denuncia ti que parece que tes diñeiro, influencia e tempo libre. Eu non son liberado sindical da burrocracia da Xunta e teño que traballar no que podo.