GC Aberto

Non nos mintan máis e actúen por favor!

Por admin | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2020

Comparte esta noticia

Segundo din tódolos días xs voceirxs do poder “a lealdade non está reñida coa crítica”, claro que só o aplican as palabras e os feitos de Feijoo para con Sánchez, pero disto todxs podemos falar e poder explicar o porqué de chegar á situación na que estamos agora, a 14 de abril do 2020 (por certo: Día da República):

Traballadora do xeriátrico de Barreiro © Miguel Nuñez
Traballadora do xeriátrico de Barreiro © Miguel Nuñez

Como sucedeu co Prestige, pasamos dunha situación de enfermidade con moita mortalidade e contaxio...a unha Catástrofe Sanitaria pola mala xestión duns/has irresponsables, que pasarei a explicar:

Agora, o sr. Feijoo, de urxencia, vai contratar “médicxs” que non terminaron a súa formación, vai contratar a “especialistas” que aínda non teñen de forma oficial a especialidade... e antes, cando tamén facían falta profesionais e o mesmo Feijoo o dicía: “non temos Médicxs nin Pediatras”, non se fixera; así, agora, pode facerse, e fai un ano, dous, tres, cando tamén facían falta e non estabamos cunha Pandemia de Coronavirus, non se facía. Agora, tamén, é posible que se recuperen xs profesionais que estaban xubiladxs (e que o propio Feijoo prohibiu que seguiran traballando ao cumprir a idade reglamentaria). Vaia, vaia!

Se derivamos pacientes á sanidade privada, cunha Lei creada polo sr. Feijoo e chamada eufemisticamente “Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias” que o que provoca é que non invertindo o suficiente na Sanidade Pública, os servizos se deterioran e así temos a disculpa para incumprir os prazos que a Lei establece e que elxs crearon (o PP en solitario e en contra de todxs), temos a cuadratura do círculo: o PP é  responsable de que se deriven xs doentes, pois creamos unha Lei que non somos capaces de cumprir, porque non investimos o suficiente nela.

  

Cando falamos de precariedade laboral, referímonos a profesionais contratados polo SERGAS en réximen de escravitude: contratos por horas en lugar de días, de luns a venres, sin contar o sábado e domingo aínda que continúe o mesmo persoal por meses, encadear centos de contratos por horas, días ou semanas, cando chegado a un tempo determinado debería pasar a persoal fixo nese posto, etc. Se o sr. Feijoo é capaz disto, como pode dicir que “agradece enormente o labor dxs sanitarixs”. É un hipócrita que so pensa no seu futuro político, do que leva vivindo toda a súa vida, dende Director do Insalud, de Correos, da man de Romay Becaría ata presidente dun goberno monocolor do PP que foi e é responsable dos recortes máis importantes realizados á Sanidade Pública Galega nos últimos 11 anos. A súa maior crítica ao goberno de Sánchesz estes días é pola falta de material: cando el, privatizou o “Servizo de Subministración e Loxística á empresa Severiano Servizo Móbil”.

A Pandemia de Coranavirus está poñendo de manifesto que a política sanitaria en Galicia foi un despropósito, foi algo irresponsable, algo que o PP provocou a nivel de profesionais, de infraestructuras e que conseguiu manter tantos anos, polo adormecemento dunha sociedade que o votaba maioritariamente e unha oposición dividida que non foi capaz de articular unha estrutura política que lle fixera frente ao poder omnívodo do PP. Tamén está relacionado co control e dominio de medios de comunicación tan importantes en Galicia como a RTVG e La Voz de Galicia. Inxectando cartos e controlando con comisarixs políticxs estes medios, a sociedade estaba na ignorancia (ou incluso manipulada polos seus voceirxs-tertulianxs nestes medios) e non chegaba a pensarse que a política sanitaria dun grupo político, podría ser privatizar e desmantelar o ben máis prezado que temos, que é a nosa saúde.

Que sentido ten a presenza militar nas roldas de prensa (que non sucede en ningún país do mundo afectado pola COVID-19) desta crise sanitaria? Para que se necesitan os tanques e unhas metralletas que meten medo de so miralas? Por que non se invisten os cartos que se derrochan en avións militares, acorazados, portavións, armas, etc...en máscaras, luvas, e equipos de protección fronte ao coronavirus. Por que non se inviste en promover unha vacina eficaz, un tratamento axeitado, investindo os cartos en científicxs, profesionais da saúde, investigadorxs, en lugar de algo que non nos pode defender do máis básico: da nosa saúde.

Un dirixente que non é capaz de esixir a Madrid que se blinde esta cidade que é o foco principal de transmisión do virus, e que por razóns persoais e políticas non é capaz de blindar Galicia, esa Galicia da que se enche a boca cando fala dela, pero que á hora de defendela é o primeiro en non facelo. Coa súa política, xs dirixentes prefiriron non blindar a 7 millóns de persoas e expandir un problema a 57 millóns na península ibérica: vaia irresponsabilidade e esperaremos que algunha xustiza tome cartas neste asunto debido a ignominia dxs que toman as decisións nestes momentos.

Unha sociedade como a Galega, onde Ourense ten un 31% de persoas maiores de 65 anos, está desamparada ante a perda de calidade dos servizos sanitarios. Unha sociedade envellecida, que ten as pensións máis baixas do estado español, que ten os salarios máis baixos e que a súa sanidade está en precario, temos que poñelo na responsabilidade do sr. Feijoo, ese mesmo que agora se enorgullece dxs sanitarixs e desa sociedade a que está levando a ser de segunda, cun goberno que non inviste en sanidade, pensións e en mellorar da calidade de vida da súa xente...e aínda así, ten maiorías absolutas! 

  

Se non cambiamos o rumbo da historia neste tema, teremos uns servizos públicos deficientes, con morbilidade e mortalidade en aumento e a perspectiva de que para moitxs será irreversible... ou xa tarde. O futuro noso e o dxs nosxs fillxs está en perigo!

Artigo de Dr. Xosé Mª Dios Diz, Médico Especialista de AP de Outes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

No día da República (Secuestrada!) teríamos que repartir as cargas e responsabilidades (da atención primaria e do SERGAS cómprelle ao Neno dos Peares!) pero de non blindar Galicia a responsabilidade é do Mando Único dun tal Pedro Sánchez ! Ese "mando único" que agora incumpre os seus propios protocolos que afectan á Seguridade do Estado (de todos nós) incautando test a unha empresa que pensaba facer o que o Goberno NON fai nin fará na vida! https://www.elconfidencial.com/empr... Para Sánchez ternos a todos encerrados é a única posibilidade de chegar a acordar algo sobre ese pantasma chamado Pactos da Moncloa (?) A qué andamos, a virus ou a orzamentos (?) Ás minchas coma sempre !!! Liberdade 25 de Abril ! Grándola Vila Morena ! E todos á rúa a berrar ben alto que NON NOS REPRESENTAN NIN SIQUERA CON VIRUS !!!