ADEGA ofrece ideas fáciles e de acceso libre para levar mellor a corentena

A asociación ecoloxista crea #EuFicoNaCasaConADEGA para compartir experiencias que permitan tanto levar mellor a corentena como ter recursos educativos e solucións ecolóxicas nunha web de acceso libre.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/04/2020 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

A páxina https://euficonacasa.adega.gal é unha iniciativa que pretende facilitar a un público xeral o acceso a recursos para tomar ideas que fagan levadeira a corentena. Nalgúns casos ditos recursos xa están pre-elaborados, aínda que tamén se poden compartir saberes e experiencias sen restricións.

Compostaxe
Compostaxe | Fonte: ADEGA

Desta maneira preséntanse solucións ante o que ADEGA considera un cambio estrutural no noso estido de vida. Así, compartiranse experiencias, coñecementos e aprender “outra forma de vivir máis amable, máis sustentable e máis consciente e necesaria fronte a gran crise climática”.

A páxina web acolle materiais en diversos formatos que van dos vídeos-obradoiro, fichas de actividades, fichas de identificación de flora e fauna, lecturas recomendadas, páxinas web sobre proxectos de interese ou traballos manuais. Estes materiais están clasificados segundo o tipo de destinatarios, identificando aqueles recursos que están recomendados para todos os públicos ou para niveis educativos de primaria ou secundaria.

A iniciativa xa suma varios centos de subscriptores ás súas Eco-Ideas. Xunto a isto, outras entidades están colaborando con esta iniciativa. Por ese motivo, ADEGA  chama ás demais entidades sociais, ecoloxistas e culturais do país, que se sumen tamén a esta campaña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta