Interior investiga se Rajoy salta o confinamento para facer deporte e se se confirma aplicaralle a lei

As multas establecidas por cometer sancións leves oscilan entre os 100 e os 600 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

O ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska, asegurou este martes que se está investigando para comprobar se é certo que o expresidente do Goberno Mariano Rajoy salta o confinamento para facer exercicio.

Así o afirmou ao ser preguntado, durante unha rolda de prensa en Moncloa, por unha información e unhas imaxes publicadas hoxe pola Sexta nas que se ve ao ex xefe do Executivo en plena rúa vestido con roupa deportiva, un pantalón negro de chándal e un chubasqueiro nas inmediacións do seu domicilio en Madrid.

Así, sobre a presunta vulneración do confinamento de Mariano Rajoy, Marlaska precisou que "se están realizando as investigacións oportunas para comprobar ese extremo". O ministro defendeu que nun Estado de dereito o principio de legalidade é o elemento e o alicerce base.

Por iso, deixou claro que a norma se aplicará nos termos en que deba aplicarse en caso de acreditarse que Rajoy se saltou a norma. "O nome non determina unha aplicación ou outra da mesma", remachou.

O propio Rajoy recoñeceu publicamente en moitas ocasións a súa afección pola marcha e por camiñar rápido. Pero o decreto que regula o confinamento pola pandemia do coronavirus non permite facer deporte e só se pode saír á rúa para facer a compra, pasear o can, ir ao centro sanitario ou acudir ao traballo se figura entre as actividades permitidas. As multas establecidas por cometer sancións leves oscilan entre os 100 e os 600 euros.

O ministro de Interior, Fernando Grande-Marlaska, comparece ante os medios para informar das últimas novidades sobre o Covid-19 en España durante a cuarta semana de confinamento. En Madrid, (España), a 11 de abril de 2020.. Moncloa
O ministro de Interior, Fernando Grande-Marlaska, comparece ante os medios para informar das últimas novidades sobre o Covid-19 en España durante a cuarta semana de confinamento. En Madrid, (España), a 11 de abril de 2020.. Moncloa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gamela

Por que será que tódolos ananos medran cando se meten a dirixir a GESTAPO ? https://twitter.com/interiorgob/sta...

2 Gamela

Medio millón de multas amparadas no abuso de autoridade e logo o que tiñan que investigar nin siquera aparece nos titulares ? Esto sí é delito pero seica a Fiscalía está confinada na casa !!! https://www.galiciapress.es/texto-d...

1 Fanheca

Xa, xa, máis os reincidentes para a cadena. Non? Según as testemuñas non é a primera vez que pasa polo forro o confinamento.