Convocan unha folga universitaria para pedir o fin de curso e a superación automática das materias

Reclama que non se teña en conta este curso escolar para a media da carreira.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/04/2020 | Actualizada ás 10:19

Comparte esta noticia

O sindicato estudantil ANEGA convoca a unha folga indefinida nas tres universidades galegas para reclamar a finalización do curso e a superación automática das materias deste cuatrimestre sen contar para a media.

Estudando cun portátil
Estudando cun portátil | Fonte: EP

ANEGA toma esta decisión logo de constatar, di  nun comunicado, un “enorme seguemento” do estudantado dunha campaña en redes  que “chegou a ser trending topic en twitter con hashtags como #FinDeCursoXa, #AsíNonUVigo ou #AsíNonUsc”.

O inicio desta folga comezará este xoves e reclama o que xa pediron tamén outras asociacións coma ANPAS galegas no ensino medio, así coma varios partidos políticos coma Anova, Podemos ou o BNG. “Para iso, o estudantado deixará de asistir ás clases virtuais e de entregar traballos, sendo a primeira folga destas características na historia do Estado”, indica.

Polo momento nin as universidades nin a Xunta se plantean a suspensión do curso. Apostan pola realización de exames telemáticos, que requiren dunha infraestrutura que dende o sindicato califican de “inexistente”. Tamén critican que se fale da realización de exames presenciais, “moi perigosos no contexto de pandemia que estamos vivindo, e foron rexeitadas por un gran número de estudantes nas redes sociais”.

“O estudantes xa perdemos toda a confianza nas nosas universidades”, indica este sindicato estudantil logo en relación ás declaracións en prensa dos reitores da USC ou da UDC “anunciando medidas de forma totalmente extraorgánica ás canles de comunicación co estudantado”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta