Éxito de "Imos?", a guía social de Galicia nunha aplicación

Por Galicia Confidencial | Santiago | 26/11/2012 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

Dende a pasada semana está dispoñíbel Imos?, a guía social de Galicia, para trebellos móbiles con Android. Desenvolvida por GalApPs, Imos? leva liderando a App Store de Apple na categoría "Comidas e bebidas" dende o día do seu lanzamento no verán. Na App Store chegou a ocupar o posto nº 6 no ranking global a nivel español, por diante de aplicacións de renome como Angry Birds ou Apalabrados.

Imos, de Galapps
Imos, de Galapps

Agora, co lanzamento da versión en Android, o éxito comercial repítese. En menos de catro días Imos? posiciónase como Top 14 no Top Ventas da categoría 'Viaxes e guías' (á que pertence) do Google Play. Ademais, Imos? posiciónase como número 1 no Top Ventas Novo da categoría 'Viaxes e guías' do Google Play.

Trátase dunha guía social de enoloxía, gastronomía e tempo de lecer de Galicia.  Nela hai información sobre centos de furanchos, tabernas, sitios de tapas, casas de comidas onde gozar dun bo viño da casa (Albariño, Ribeiro, Barrantes...) e degustar comida da Terra ao longo de toda a xeografía galega. Tamén ten datos sobre máis de 900 praias galegas, os puntos de información turística.

Imos, de Galapps
Imos, de Galapps
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta