Galicia lidera un estudo internacional que analizará que efectos producirá o confinamento nas cidades do futuro

Pretenden anticipar respostas que permitan mellorar as vivendas e a configuración en distintas cidades nun escenario global pero "fortemente condicionado ata agora por un modo de habitar moi ligado ao vehículo privado".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2020 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

O Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (Cesuga) lidera un estudo a nivel internacional que analiza as repercusións que o confinamento pola COVID-19 terá no modo de habitar e deseñar as cidades do futuro.

Este estudo, promovido pola Escola de Arquitectura, encádrase na liña de investigación Cidades emerxentes, onde un equipo interdisciplinar de profesores do catro graos do centro traballa para "coñecer como serán as cidades do futuro e como inflúen estas situacións na forma de concibir as vivendas".

Ata o momento, explicou o Cesuga, incorporáronse a esta rede de traballo a Universidade Tecnologica de Monterrey (Mexico), a Pontificia Universidade Católica de Ecuador, a Universidade de Porto (Portugal), a University of Virginia (Estados Unidos), a Universidade de Sao Paulo (Brasil), a Pontificia Universidade Católica de Perú, a Universidade de Concepción (Chile), a Pontificia Universidade Javeriana de Bogotá (Colombia) e a Universidade da Prata (Arxentina).

A iniciativa arrincou co lanzamento dunha enquisa, dispoñible ata o día 19 de abril na páxina web www.ciudadesemergentes.com en cinco idiomas. Ata a data, rexistráronse máis de 6.500 respostas, e prevese que esta cifra poida chegar ás 10.000.

Con este proxecto, a Escola de Arquitectura pretende anticipar respostas que permitan mellorar as vivendas e a configuración en distintas cidades nun escenario global pero "fortemente condicionado ata agora por un modo de habitar moi ligado ao vehículo privado e a unhas determinadas actividades produtivas", indican os autores do estudo.

Santiago. CONSORCIO DE SANTIAGO
Santiago. CONSORCIO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta