"Eu só coñezo os pactos anti Moncloa"... a resposta de Feijóo a Pedro Sánchez

O presidente galego desbota falar co presidente español e facer unha gran fronte política contra a crise en sintonía coas directrices do seu líder, Pablo Casado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2020 | Actualizada ás 16:17

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, segue instlado na confrontación con Pedro Sánchez e fiel á estratexia marcada polo líders do seu partido, Plabo Casado. Por iso, volveu desbotar de malos xeitos o plan do socialista Pedro Sánchez, de reeditar os Pactos da Moncloa, tendo en conta que --reiterou-- non coñece "a proposta unitaria do Goberno": só os "pactos anti Moncloa".

"Opinar sobre esta proposta é opinar sobre nada porque non coñecemos nada. Só hai un enunciado, pero non coñecemos a música, nin a letra; só coñecemos o título, os coñecidos Pactos da Moncloa", dixo, a preguntas dos medios nunha rolda de prensa telemática.

A continuación, incidiu en que descoñece a proposta "unitaria" do Goberno central como órgano colexiado e engadiu que o que se deu a coñecer "non convida o optimismo". En concreto, apuntou que só se coñece "a esixencia" dos "aliados" parlamentarios de Sánchez de "negociar a autodeterminación" de Euskadi e Cataluña, para que despois o resto de españois "pacten o que queiran". 

"E despois coñecemos o que propón unha parte do Goberno, que parece que está máis preocupado pola república e por cambiar a monarquía parlamentaria que por buscar solucións aos problemas inmediatos que temos", agregou.

"XESTIONAR A REALIDADE"

Nesta conxuntura, tras subliñar que a información da que dispón apunta aos "pactos anti Moncloa" e ao desexo dunha parte do Goberno de "aproveitar un posible pacto para reformular o modelo de convivencia e constitucional en España", concluíu que non analiza a proposta de Sánchez con "moitas expectativas".

Ou Titular Do Goberno Galego Comparece En Para Dar Conta Dá Situación Con Respecto Ao Coronavirus. Xunta de Galicia
Ou Titular Do Goberno Galego Comparece En Para Dar Conta Dá Situación Con Respecto Ao Coronavirus. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta