Aprobado o regulamento da Coruña para a gratuidade das escolas infantís

O Concello da Coruña informou que este mércores se abriron ao tráfico os carrís centrais do tramo da Rolda de Nelle que leva en obras desde o pasado 21 de xaneiro.

Por E.P. | A CORUÑA | 15/04/2020 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia



O Concello da Coruña aprobou, en Xunta de Goberno e nunha sesión extraordinaria e urxente, o proxecto de regulamento de organización e funcionamento das escolas infantís integradas na rede municipal, que substituirá, despois de ser aprobado en comisión e pleno, o vixente desde o ano 2014.

Segundo informa o goberno local, o concello destina unha partida de 479.000 euros para este fin "que inclúe o financiamento do 100% das prazas para as familias que estean empadroadas no termo municipal da Coruña".

Esta medida, froito dun acordo de goberno con Marea Atlántica, permitirá que unhas 830 nenas e nenos que asisten ás escolas infantís municipais "non teñan que pagar nada". Ademais, un consello de participación permitiralles ás familias ter unha maior participación e implicación nos proxectos que se desenvolvan nas escolas infantís.

Na sesión, tamén se lle deu luz verde á convocatoria de subvencións para as entidades sen ánimo de lucro para promocionar e fomentar o deporte no concello. O importe global ascende a 280.000 euros.

Delas, Ciudadanos cuestionou as bases da convocatoria porque, segundo a súa concelleira, Mónica Martínez, non axudará a "salvar" os clubs deportivos. "Vailles a ser moi difícil optar a elas xa que van dirixidas a todas as entidades e iso restrinxe aos clubs deportivos", sinala nun comunicado.

RONDA DE NELLE

Noutra orde de cousas, o Concello da Coruña informou que este mércores se abriron ao tráfico os carrís centrais do tramo da Ronda de Nelle que leva en obras desde o pasado 21 de xaneiro, correspondente á intersección entre esta vía e a avenida de Finisterre.

"O obxectivo de derivar o tráfico aos carrís interiores non é outro que o de liberar os carrís exteriores para continuar cos traballos de pavimentación nas beirarrúas e para a habilitación do carril bici", engade.

Xunta de Goberno do Concello da Coruña. ANDY PEREZ
Xunta de Goberno do Concello da Coruña. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta