Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/04/2020 | Actualizada ás 19:01
O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) deu a coñecer este mércores o seu barómetro mensual, o primeiro desde que estalou a crise do coronavirus, no que se reflicte un recorte de dous puntos na vantaxe que tiña o PSOE sobre o PP o mes anterior e déixaa en 10 puntos.
Os datos da enquisa, na que se fixeron 3.000 entrevistas, non están desagregados por comunidades autónomas, pero como novidade con respecto a anteriores estudos demoscópicos, preguntan pola crise sanitaria e introducen ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na pregunta da quen prefiren os cidadáns para liderar o Goberno de España neste momento de pandemia.
Así, Feijóo é o preferido para un 1,1 por cento dos entrevistados, só por diante do presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla, que obtivo un 0,8 por cento. Segundo este estudo do CIS, o 35,5 por cento escolle a Pedro Sánchez, mentres que o 12,5 por cento preferiría que fora Pablo Casado o presidente do Goberno.
En canto a estimación de voto, o PSOE figura este mes cunha estimación de voto do 31,2%, sete décimas por baixo do seu dato de marzo, pero aínda así segue tres punto por encima do 28% co que gañou as últimas xerais.
Mentres, o PP aparece agora cun respaldo do 21,1%, algo mellor que nas xerais do 10N e un punto e medio por encima do resultado que o centro público dáballe hai un mes. O BNG mantense cunha estimación de voto do 0,5 por cento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.